Angela Beesley Starling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angela Beesley.jpg

Angela Beesley Starling, nada o 3 de agosto de 1977 en Norwich, é unha empresaria británica, fundadora, xunto a Jimmy Wales, de Wikia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballa na Fundación Wikimedia desde 2003. En 2010 era a vicepresidenta da empresa Wikia. Desde o 21 de febreiro de 2006, forma parte do Comité de Comunicacións da Fundación Wikimedia, e preside a Xunta Consultiva da fundación. Contribuíu con ferramentas e información para a Fundación Wikimedia e Wikia. Ten conta de usuario en diferentes proxectos Wikimedia.

O 23 de novembro de 2008 casou co desenvolvedor de MediaWiki Tim Starling, con quen vive en Nova Gales do Sur, Australia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]