Andrés de Losada e Prada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés de Losada e Prada
Biografía
Nacementoséculo XVI Editar o valor em Wikidata
Galicia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de decembro de 1625 Editar o valor em Wikidata
Madrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Andrés de Losada e Prada, finado en Madrid o 8 de decembro de 1625, foi un político galego. Foi secretario de Estado cos reis de España Filipe III e Filipe IV.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ignórase o exacto lugar de nacemento de Andrés de Losada, pero é posíbel que fose valdeorrés pola súa mai, Francisca de Santalla, irmá de Andrés de Prada e Gómez de Santalla, que foi secretario do rei Filipe II, ou ben quirogués, a xulgar polo lugar onde funda morgadío, orixe que lle viría pola liña paterna (seu pai era un tal Álvaro de Losada y Somoza).

O seu tío conseguiríalle honores dos reis aos que serviu, pois Andrés de Losada sería tesoureiro da Real Casa da Moeda da Coruña e alcaide da fortaleza desa mesma cidade (1611). Nese mesmo ano morría o seu tío, mais antes obtería para el o nomeamento de secretario do rei Filipe III. Os dotes persoais do sobriño non debían ser magros, pois conseguiría ser Secretario de Guerra co mesmo rei, posto que mantivo con Filipe IV, aínda que pouco tempo, pois falecería aos poucos meses da subida ao trono dese monarca.

No seu testamento funda para o seu sobriño Pedro de Monseiro e Losada un morgadío vinculado no Hospital (Quiroga), onde tiña a súa casa e onde foi soterrado[1]. Andrés de Losada foi, ademais, cabaleiro da Orde de San Xoán de Xerusalén e comendador de Fregenal de la Sierra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carlos Cortés (10 de novembro de 2010). "Preparan la restauración de las tumbas medievales de Hospital". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • García Tato, I. (1999). Vilanova, Outarelo y San Francisco Blanco. Monografía histórica de una parroquia gallega. O Barco de Valdeorras: Instituto de Estudios Valdeorreses. ISBN 84-930834-2-9.