Andoni Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndoni Alonso
Biografía
Nacemento4 de abril de 1966 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Catedrático
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra
Universidade do País Vasco
Pennsylvania State University Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía da ciencia, Tecnoloxías da información e da comunicación e filosofia da tecnologia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , profesor titular , profesor universitario , ensaísta Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade do País Vasco
Universidade da Estremadura (pt) Traducir
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de

Dialnet: 295532

Andoni Alonso Puelles,[1] nado en Vitoria o 4 de abril de 1966, é un filósofo, investigador e profesor universitario español.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alonso licenciouse en Filosofía na Universidade de Navarra en 1989 e realizou o doutamento na Universidade do País Vasco en 1995 coa tese: Wittgenstein y el arte. El Siglo de Wittgenstein.[3][4] Foi profesor de Historia da filosofía na Universidade de Estremadura na Universidade Complutense de Madrid e agora é catedrático na Universidade Carlos III. Cursou estudos postdoctorales na Penn State University entre 1996 e 1998 onde coñeceu e traballou con Carl Mitcham e Iván Illich. Anos despois (2006) foi profesor visitante na Universidade de Nevada.[4]

Especialista en Ludwig Wittgenstein, o seu traballo de investigación centrouse basicamente na filosofía da tecnoloxía, cunha visión crítica sobre a utilidade e o papel que xogan as TIC.[2] Entre as súas moitas obras atópanse Wittgenstein, 50 años después (2002), El arte de lo indecible. Wittgenstein y las vanguardias (2002) e La tecnociencia y su divulgación (2004), La quinta columna digital: anti-tratado comunal de hiperpolítica (2005, Premio Eusebi Colomer/Fundación Epson) ou ¡Todos Sabios![5][1] (Cátedra, 2013), xunto a Antonio Lafuente e Joaquín Rodríguez.[4]

Andoni Alonso é membro da Society for Philosophy and Technology e da Sociedade de Estudos Vascos.[1]

Recentemente participou no Foro "Pensar o mundo dende Galicia" organizado polo Consello da Cultura Galega, [6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Enciclopedia Auñamendi (ed.). "Alonso Puelles, Andoni". Consultado o 22 de diciembre de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Artza, Jon (31 de marzo de 2018). elsaltodiario.com, ed. "Andoni Alonso: “El futuro será ludita o no será”". Consultado o 22 de diciembre de 2018. 
  3. Puelles, Andoni Alonso (1996). "Wittgenstein y el arte. El Siglo de Wittgenstein" (en castelán). Universidad del País Vasco - Euskal Herriko Unibertsitatea. Consultado o 2022-11-03. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Ministerio de Economía y Competitividad, ed. (2017). "Andoni Alonso Puelles" (PDF). Consultado o 22 de diciembre de 2018. 
  5. Munguia, J. (22 de junio de 2005). Cadena SER, ed. "La 'quintacolumna digital' de Andoni Alonso, premio Eusebi Colomer". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2023. Consultado o 22 de diciembre de 2018. 
  6. Galega, Consello da Cultura. "Especialistas destacan a necesidade de poñer a tecnoloxía ao servizo das persoas". CONSELLO DA CULTURA GALEGA (en inglés). Consultado o 2023-04-14.