Andalucita
| Andalucita | |
|---|---|
| Crecemento de andalucita (raias claras) nun xisto, Lariño (A Coruña) | |
| Fórmula química: | Al2SiO5 |
| Clase: | Silicatos |
| Subclase: | Nesosilicatos |
| Sistema cristalino: | Rómbico |
| Cor: | Grisácea, marrón, verde, rosa, violeta e vermella |
| Brillo: | De vítreo a terroso |
| Dureza: | 7,5 |
| Fractura: | Desigual |
| Exfoliación: | Moi imperfecta |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 3,17 g/cm3 |
A andalucita é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Al2SiO5 e que presenta moi variada coloración.
Índice |
[editar] Aspecto
De moi variada coloración, rara vez aparece na súa forma cristalina aínda que pode aparecer, de cando en vez, en forma de prismas de catro caras.
[editar] Lugares onde se atopa
A andalucita é un mineral que crece en zonas de forte presión e temperatura. Faino en rochas de tipo metamórfico como os xistos. Os minerais cianita e silimanita, polimorfos da andalucita, fórmanse baixo unhas condicions de presión e temperatura diferentes. Polo tanto, e difícil que os poidamos atopar xuntos nunha mesma rocha. É por iso polo que os tres minerais son unha ferramenta valiosa para identificar as condicións de presión e temperatura da rocha nai nas que se atopan.
Atópanse exemplares de andalucita en xisto en Lariño (A Coruña) e tamén en Boal[1].
[editar] Usos da andalucita
A andalucita é empregada para a fabricación de refractarios, materiais coa capacidade de soportar altas temperaturas.
[editar] Outros silicatos
O cuarzo, a olivina, o feldespato e a mica son outros silicatos importantes.
[editar] Notas
- ↑ Manuel Gutiérrez Claverol e Carlos Luque Cabal Recursos del subsuelo de Asturias. Servicio de Publicaciones Universidad de Oviedo, 1994, páxina 269