Anastasios Douvikas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tasos Douvikas
Douvikas a adestrar co FC Utrecht en 2022.
Información persoal
Nome Anastasios Douvikas
Nacemento 2 de agosto de 1999
Lugar de nacemento Atenas
Altura 1,86
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Na rede
IMDB: nm15266164 UEFA: 250116683 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Anastasios Douvikas (en grego: Αναστάσιος "Τάσος" Δουβίκας), nado en Atenas o 2 de agosto de 1999, coñecido como Tasos Douvikas, é un futbolista grego que xoga na demarcación de dianteiro para o Celta de Vigo da Primeira División de España.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asteras Trípoli[editar | editar a fonte]

Douvikas fixo o seu debut profesional o 19 de agosto de 2017, nunha derrota en casa por 1-2 perante o PAS Giannina, onde entrou como suplente. O 26 de outubro marcou o seu primeiro gol profesional, na vitoria por 2-1 sobre o PAE Chania na Copa de Grecia 2017-18. O 26 de novembro marcou na vitoria por 2-0 en casa sobre o Levadiakos, contribuíndo á terceira vitoria consecutiva do equipo. O 2 de decembro marcou nunha cómoda vitoria en casa por 4-0 sobre o AO Platanias.

O 18 de decembro marcou na vitoria a domicilio por 0-4 sobre o Apollon Paralimniou FC.

Volos FC[editar | editar a fonte]

No verán de 2020, Tasos Douvikas fichou por Volos FC como axente libre. Na tempada 2020-21 dos 26 xogos da tempada regular, xogou en todos. De feito, é o único futbolista da Superliga que saíu titular en todos os partidos. Co equipo de Volos marcou 10 goles e deu 3 asistencias, ademais xogou 4 partidos máis nos playoffs e anotando outro gol, esta vez contra o equipo de Larissa. Na copa tamén marcou 3 goles en 4 aparicións contra OFI Creta e AEK para os oitavos de final e cuartos de final respectivamente.

O 28 de agosto de 2023, tras ser a tempada anterior o máximo goleador da Eredivisie co F. C. Utrecht, foi traspasado ao Celta.

Selección grega[editar | editar a fonte]

Tras xogar coa selección de fútbol sub-19 de Grecia e a sub-21, finalmente fixo o seu debut coa selección de fútbol de Grecia o 28 de marzo de 2021 nun encontro amigable contra Honduras, partido que finalizou cun resultado de 2-1 a favor do combinado grego tras un dobrete de Vangelis Pavlidis para Grecia, e de Diego Rodríguez para Honduras.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club País Ano Partidos Goles
Asteras Tripolis F. C. Grecia Grecia 2017-2020 52 4
Volos F. C. 2020-21 34 14
F. C. Utrecht Países Baixos Países Baixos 2021-2023 77 32
R. C. Celta de Vigo España España 2023- 16 5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tasos Douvikas". Transfermarkt. Consultado o 28 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]