Analectas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo mostra escritos chineses. Sen o soporte adecuado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Analectas (en chinés: 論語; pinyin: Lúnyǔ) é o texto fundamental do confucianismo consistente nunha escolma desordeada de ditos, diálogos e pequenos relatos realizada polos discípulos de Confucio durante aproximadamente un século despois da súa morte e completada, xa que logo, ao redor do 400 a. de C.

Recolle un modelo de sabedoría moi influente na historia de China ata a chegada do comunismo. Trata de actitudes éticas, da educación e do goberno. Defende o respecto aos pais, o esforzo por acadar a virtude, a ecuanimidade e o sentido da rectitude, a lealdade, a prudencia e a xustiza.

Confucio dixo: un cabaleiro debe poñerse en guarda contra tres perigos: cando é novo e lle ferve o sangue, debe gardarse contra a luxuria; cando é maduro e o sangue está en plenitude, debe gardarse contra a carraxe; na vellez cando o sangue está murcho, debe gardarse da rapacidade (16.7)