Ana María Sánchez de Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna María Sánchez de Ríos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Lima, Perú Editar o valor em Wikidata
Minister of Foreign Affairs of Peru (en) Traducir
2 de abril de 2015 – 28 de xullo de 2016
Minister of Foreign Affairs of Peru (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePerú Editar o valor em Wikidata
EducaciónPontifícia Universidade Católica do Peru (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , avogada , política Editar o valor em Wikidata
Premios

Ana María Liliana Sánchez Vargas de Ríos, nada en Lima o 28 de xaneiro de 1959, é unha diplomática peruana, avogada da Pontificia Universidade Católica do Perú[1] e licenciada en Relacións Internacionais da Academia Diplomática do Perú. Foi Ministra de Relacións Exteriores do Perú, desde o 2 de abril de 2015 até o 28 de xullo de 2016.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1980 ingresou no Servizo Diplomático do Perú. Foi promovida á categoría de embaixadora o 1 de xaneiro de 2013.[1]

Desempeñou funcións dentro do Ministerio de Relacións Exteriores do Perú na Subsecretaría de Política Exterior; na Dirección de América; na Dirección de Privilexios e Inmunidades; na Dirección Xeral de Administración; na Dirección de Cooperación Política e Integración; no Gabinete de Coordinación do Viceministro e Secretario Xeral; Directora de Desenvolvemento e Integración Fronteiriza; Directora de Integración-Asuntos Económicos; e foi Xefa do Despacho Ministerial de tres Chanceleres antes do seu nomeamento no posto.[1]

Cargos no Exterior[editar | editar a fonte]

No exterior serviu na embaixada do Perú en Hungría; no consulado do Perú en Sao Paulo; no consulado do Perú en Cidade de México; e na Representación Permanente do Perú na OEA.[1]

En febreiro de 2019 foi nomeada como embaixadora do Perú en Irlanda.[3] Presentou as súas cartas credenciais ao presidente Michael D. Higgins en maio do mesmo ano.[4]

Ana María Sánchez, xurando ante o presidente Ollanta Humala como Chanceler da República do Perú.

Ministra de Relacións Exteriores[editar | editar a fonte]

O 2 de abril de 2015 xurou como Ministra de Relacións Exteriores, integrando o Consello de Ministros presidido por Pedro Cateriano Bellido, o sétimo do goberno do presidente Ollanta Humala Tasso. A cerimonia realizouse no Salón Dourado do Palacio de Goberno.[5] Co seu nomeamento converteuse na primeira muller da carreira diplomática do Perú en ser designada Chanceler (a súa predecesora, Eda Rivas Franchini, non era diplomática de carreira).[6] Un día antes fora nomeada embaixadora do Perú en Francia, designación que quedou sen efecto ao asumir a súa nova responsabilidade.[2]

Condecoracións[editar | editar a fonte]

  • 2008: Orde Militar de Ayacucho, no grao de Comendador.[1]
  • 2015: Dama gran cruz da Orde de Isabel a Católica (España)[7]
  • 2015: Orde O Sol do Perú no grao de Gran Cruz
  • 2015: Orde ao Mérito por Servizos Distinguidos no grao de Gran Cruz
  • 2015: Orde ao Mérito do Servizo Diplomático do Perú José Gregorio Paz Soldán no grao de Gran Cruz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Ministra de Relaciones Exteriores del Perú" (en español). www.rree.gob.pe (Portal del MRE). 2 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "Ana María Sánchez reemplaza a Gonzalo Gutiérrez en Cancillería" (en español). www.rpp.com.pe (RPP Noticias). 2 de abril de 2015. Consultado o 11 de abril de 2015. 
  3. "Gobierno nombra nuevos embajadores". 
  4. "Embajadora peruana presenta cartas credenciales al Presidente de Irlanda". 
  5. "Pedro Cateriano asume como primer ministro en reemplazo de Jara". El Comercio. 2 de abril de 2015. 
  6. "Gutiérrez habría renunciado por diferencias con Cateriano". El Comercio (versión impresa, A2). 3 de abril de 2015. 
  7. Real Decreto 1092/2015, de 4 de diciembre, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica a autoridades de la República del Perú. Boletín Oficial del Estado (5 de diciembre de 2015)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]