Amaia Martínez Grisaleña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmaia Martínez Grisaleña

(2024) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Amaya Martínez Grisaleña Editar o valor em Wikidata
6 de novembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
12 de xullo de 2020 –

Circunscrición electoral: Araba

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco - xornalismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , comerciante , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoVox Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua éuscara e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Amaia Martínez Grisaleña, nada en Vitoria, Áraba o 6 de novembro de 1968, é unha xornalista e política española, membro do Parlamento Vasco dende 2020 polo partido político Vox, formación pola que foi candidata a lehendakari en 2020 e en 2024.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo e profesionalmente rexentou unha armería xunto ao seu marido antes da súa elección como deputada. Aínda que fala éuscaro,[2] manifestouse en contra do que cualifica como discriminación lingüística no País Vasco contra a lingua castelá.[3]

Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2020 foi cabeza de lista da candidatura de Vox por Áraba. O seu foi o único escano que Vox logrou nesas eleccións. O mesmo ocorreu nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2024, sendo ela a única deputada electa do partido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Redacción (12 de xullo de 2020). "Así es Amaia Martínez Grisaleña, la diputada de Vox en el País Vasco que entra en el Parlamento". La Sexta (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  2. Mikel Ormazábal (13 de xullo de 2020). "Amaya Martínez, la diputada vasca de Vox: una euskaldún que regenta una tienda de armas". El País. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  3. Redacción (13 de xullo de 2020). "Amaia Martínez Grisaleña, dueña de una armería, primera diputada de Vox en el País Vasco". El Plural. Consultado o 13 de xullo de 2020.