Mougás, Oia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mougás
Mougás
ConcelloOia[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°03′03″N 8°52′25″O / 42.050717478397, -8.8736403537509Coordenadas: 42°03′03″N 8°52′25″O / 42.050717478397, -8.8736403537509
Poboación718 hab. (2022)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Uxía de Mougás é unha parroquia que se localiza no concello de Oia. Segundo o IGE, no 2022 tiña 718 habitantes (365 homes e 353 mulleres),[2] distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 540 habitantes. O seu xentilicio é mougalés/esa. Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.[3]

Pedra Rubia.
Pía de Mougás.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa parroquial de Santa Uxía.

Nesta parroquia apareceu a chamada Pía de Mougás, unha pedra labrada cunha inscrición latina que fala de sacrificios. Na actualidade consérvase no Museo de Pontevedra. Ademais diso, na parroquia existen varios castros prerromanos e diversos petróglifos, destacando o conxunto da Cabeciña.

Na igrexa parroquial atopouse unha lauda prerrománica e unha talla de madeira gótica que representa á Virxe co Neno, conservada no Museo de Pontevedra. O templo, de tres naves, ten a súa orixe no século X, pero foi reformada nos s. XVI e XVIII.

Na localidade do Porto ten a súa sede a Orde Migueliana.

Cabalos nos montes de Mougás.

O curro de Mougás, que se celebra o segundo domingo de xuño é un dos máis populares de Galicia.

A banda de música Unión Musical de Mougás foi creada en 1880.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mougás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mougás no concello de Oia (Pontevedra)

Barcelos | Bragadela | O Cabezo | A Cova | A Ermida | A Granxa | A Igrexa | Lameiro | Laxes | As Mariñas | Os Mises | Mougás | O Outeiro | Pedra Rubia | O Porto | Riodosos | Toiberde

Parroquias de Oia[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Oia

Burgueira (San Pedro) | Loureza (San Mamede) | Mougás (Santa Uxía) | Oia (Santa María) | Pedornes (San Mamede) | Viladesuso (San Miguel)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bouza Brey, F. (1931). "A pía megalítica de Mougás e as prácticas adiviñatorias da Galiza antiga". Boletín da Real Academia Galega 20 (235-240). 
  • Bango Torviso, I. G. (1978). "Aportación a una catalogación de la imaginería gótica de Pontevedra". Museo de Pontevedra (32). 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]