Alfonso Gayoso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Ourense, España |
Morte | 1970 (64/65 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Alfonso Gayoso Frías, nado en Ourense en 1905 e finado en Buenos Aires en 1970, foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi profesor de inglés nos Estados Unidos. Regresou a Galicia coa Segunda República. En 1931 organizou o sindicato da Federación de Traballadores da Terra da UGT con Benigno Álvarez e Santiago Álvarez. A comezos de 1936 fundou a Federación Campesiña Provincial de Ourense do PCE. Foi secretario agrario do Comité executivo provincial do PCE de Ourense. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou evadirse da zona franquista, incorporándose ao 4º Batallón da 1ª Brigada do Exército Popular Republicano. Despois dun longo éxodo por Marrocos, os Estados Unidos, Cuba e Venezuela, instalouse en Buenos Aires. Alí colaborou en Opinión Gallega, foi fundador e director da revista poética Eufonía (1958-1959) e membro da comisión de cultura do Consello de Galiza. Foi propietario da axencia de viaxes Agencia Frías.
Obra[editar | editar a fonte]
- Os fidalgos de Rante, 1955 (teatro).
- Galeguidade (Humor, saudade e patria), 1958 (poesía).
- Namoros e regueifas. Guión pra teatro ou cine en duas xornadas, 1970 (poesía).