Alexander Uliánov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksandr Ulyanov

Alexander Ilyich Uliánov (en lingua rusa: Александр Ильич Ульянов). Nado o 12 de abril de 1866 e finado o 20 de maio de 1887. Foi un revolucionario ruso, irmán maior de Vladimir Lenin.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo de Ilya Nikolayevich Ulyanov (1831-1886) e Maria Alexandrovna Blank (1835-1916), foi o maior de catro irmáns (Dmitri, Maria, Anna y Vladimir), Aleksandr Ulianov graduouse na escola de Simbirsk en 1883 ca medalla de ouro e ingresou na Universidade de San Petersburgo, onde licenciouse en ciencias naturais e obtivo outra medalla de ouro polo seu traballo na zooloxía. Na universidade participou en reunións ilegais e manifestacións, ademais de pronunciar discursos a estudantes e traballadores. En 1886, convertiuse en membro da facción terrorista Narodnaya Volia (Vontade do Pobo).

En 1887 integrou un grupo que intentou asasinar ao tsar Alexandre III, motivo polo cal foi aforcado en Shlisselburg no 1887. A súa execución tivo un grande impacto no seu irmán, quen sería o futuro líder e creador da Unión Soviética.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Revolución Rusa

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]