Alexander Konstantínovich Mordvilko
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1867 Stolovitchi, Rexión de Brest, Gobernorato de Minsk, Imperio ruso |
Morte | 12 de xullo de 1938 Leningrado, URSS |
Lugar de sepultura | Cemiterio ortodoxo de Smolensk |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | rusa |
Actividade | |
Ocupación | entomólogo, parasitólogo e botánico |
Lingua | ruso, francés |
Alexander Konstantínovich Mordvilko (en ruso Александр Константинович Мордвилко), nado o 3 de febreiro de 1867 en Stolovitchi, Rexión de Brest, Gobernorato de Minsk do Imperio ruso (actual Bielorrusia), e finado o 12 de xullo de 1938 en Leningrado, URSS, foi un entomólogo,[1] parasitólogo e botánico ruso.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o primeiro especialista en parasitoloxía no Museo Zoolóxico da Academia Rusa de Ciencias.
Publicou traballos sobre os ciclos de vida, moitas veces complexos, dos parasitos, así como, en 1909, instrucións para recoller e almacenar vermes parasitos.
Á fronte do departamento de briozoos e vermes, enriqueceu as coleccións helmintolóxicas adquirindo as de Konstantin Skryabin.
Algúns taxons descritos por Mordvilko[editar | editar a fonte]
Todos eles pertencentes á subfamilia dos Aphidinae, da familia dos Aphididae.
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Mordvilko empegase para recoñecer a Alexander Konstantínovich Mordvilko como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Abigail Lustig, Robert J. Richards & Michael Ruse, eds. (2004): Darwinian Heresies. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-1-1394-5347-9, p. 23.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alexander Konstantínovich Mordvilko |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Alexander Mordvilko en Department of Parasitic worms - History. Zoological Institute of the Russian Academy of Sciences. Russian Academy of Sciences. (en inglés). (Consyltado o 13 de decembr de 2021).