Alejandra Guzmán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlejandra Guzmán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gabriela Alejandra Guzmán Pinal Editar o valor em Wikidata
9 de febreiro de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz de cinema , actriz de televisión , compositora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Entertainment Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFrida Sofía (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisEnrique Guzmán Editar o valor em Wikidata  e Silvia Pinal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsViridiana Alatriste (en) Traducir e Silvia Pasquel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblaguzman.com.mx Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0350031 Allmovie: p426976
Twitter: Al3jandraGuzman Spotify: 7Hf9AwMO37bSdxHb0FBGmO iTunes: 248791 Last fm: Alejandra+Guzmán Musicbrainz: 618bf47d-48ff-4aec-8d82-435b93dcca76 Songkick: 295142 Discogs: 1372952 Allmusic: mn0000617536 Editar o valor em Wikidata

Gabriela Alejandra Guzmán Pinal, nada na Cidade de México o 9 de febreiro de 1968, é unha cantante, compositora e actriz mexicana, alcumada "a raíña de corazóns". Con máis de vinte millóns de discos vendidos durante a súa carreira e un Grammy Latino, é unha das cantantes mexicanas de maior éxito.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Guzmán é filla da actriz Silvia Pinal e do cantante Enrique Guzmán,[2][3] terceiro marido de Pinal. É irmá do empresario Luis Enrique Guzmán Pinal. Ademais, ten dous irmáns por parte do seu pai, Daniela e Enrique Jr., e dúas máis por parte da súa nai, as actrices Sylvia Pasquel e Viridiana Alatriste. Alejandra Guzmán creceu no mundo do espectáculo por mor da sona dos seus pais.

O 25 de outubro de 1982, cando Guzmán tiña catorce anos, faleceu a súa irmá Viridiana Alatriste nun accidente de automóbil, o que foi un dos momentos máis tristes da súa vida. Tras isto volveuse máis rebelde e decidiu vivir a vida a máxima. Con frecuencia marchaba da casa para gozar da vibrante vida nocturna da Cidade de México. Nesta época, coñeceu a Kenny Avilés, da banda Kenny y Los Eléctricos, que se converteu na súa nai/mentora no rock. Entón foi cando decidiu dedicarse ao espectáculo.

A súa canción Bye Mamá supuxo o inicio da súa carreira en 1988.[4] A canción, un grito de independencia, provocou o distanciamento coa súa nai, coa que non falou durante seis meses.[5][6] Na década de 1990 publicou varios dos seus discos de maior éxito, como Eternamente Bella, Flor de Piel e Libre, que se lanzou cun contrato asinado con BMG Ariola. O seu éxito valeulle ser candidata aos Grammy e os Latin Grammy, e conseguiu discos de ouro e platino.[7][8] Por todo isto foi chamada "raíña do rock" de México.

Ao longo da súa carreira tivo éxitos en México e nos Estados Unidos e realizou dúos con Franco De Vita, Mario Domm, Fonseca e Gloria Trevi. Con Trevi ademais levou a cabo unha xira (Versus Tour) en 2017-2018.[9]

Foi xurado na segunda temporada de Va Por Ti e coach en La Voz...México. O 5 de xullo de 2018, Telemundo anunciou que Guzmán sería coach de La Voz (U.S.),[10] uníndose a Luis Fonsi, Carlos Vives e Wisin como coaches da versión en castelán. En 2020, Amazon anunciou que era unha das protagonistas da serie de Amazon Prime El juego de las llaves.[11]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Alejandra Guzmán tivo unha relación con Erik Rubin que non durou por mor dur conflito sobre el coa cantante Paulina Rubio.[12] Posteriormente comezou unha relación co empresario Pablo Moctezuma, con quen tivo unha filla, Frida Sofía, nada en marzo de 1992. Posteriormente a parella separouse.

Guzmán casou co empresario estadounidense Farrell Goodman en 1998. O matrimonio rompeu cando Goodman foi arrestado nun aeroporto alemán con narcóticos.[13] Posteriormente mantivo unha relación con Gerardo Gómez de la Borbolla, que empeorou despois de que Guzmán sufrise un aborto[14] e caese nunha depresión profunda e no alcoholismo,[15] nun momento en que el quería formar parte do seu equipo de traballo e lanzarse como cantante. Guzmán revelou anos despois que tivo un segundo aborto. Tempo despois conseguiu recuperarse.[16]

En 2007 diagnosticáronlle cancro de mama, que foi detectado de xeito temperán. En 2009 sufriu un procedemento estético erróneo que a deixou en estado grave de saúde.[17][18] Tras atoparse unha cura aos polímeros que lle inxectaron nos glúteos, realizáronlle arredor de vinte e dúas cirurxías que a tiveron no hospital durante seis meses.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Buena Musica (3 de outubro de 2017). "Artistas que más discos han vendido" (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  2. "Biografia de Alejandra Guzmán". Arquivado dende o orixinal o 2020-03-18. Consultado o 2020-04-12. 
  3. "Biografía Alejandra Guzmán - Sitio Oficial" (en castelán). 2017. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2017. Consultado o 25 de outubro de 2017. 
  4. "Bye Mamá - Alejandra Guzmán | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  5. Arcos, Alejandra, Revista Hola (26 de novembro de 2015). "Alejandra Guzmán a Silvia Pinal: 'Perdón si te hice daño'" (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2017. 
  6. Andina 36 (2 de xuño). "Esta canción hizo llorar a la mamá de Alejandra Guzmán" (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2017. 
  7. "Esta canción hizo llorar a la mamá de Alejandra Guzmán". 2 de xuño de 2015. 
  8. "Eternamente Bella - Alejandra Guzmán | Songs, Reviews, Credits". Consultado o 16 de abril de 2020. 
  9. "Alejandra Guzman & Gloria Trevi on the 'Versus' Tour: Look Back On Their Top 5 Moments". Billboard. 14 de abril de 2018. 
  10. "Alejandra Guzman Joins Telemundo's 'La Voz (The Voice)' as a Coach on the First Season". Billboard. Consultado o 2018-10-22. 
  11. Petski, Denise (2020-11-23). "'El Juego de Las Llaves': Alejandra Guzman, Laura Leon & Cristián de la Fuente Join Season 2 Cast Of Lionsgate/Hemisphere Media Group's Pantaya Series". Deadline (en inglés). Consultado o 2021-06-11. 
  12. "Alejandra Guzmán revive su rivalidad con Paulina Rubio por Erik Rubín". 3 de decembro de 2019. 
  13. "Quiénes han sido las parejas de Alejandra Guzmán". 29 de novembro de 2019. 
  14. Univision. "Ex de Alejandra Guzmán tampoco puede ver a su hija por un pleito (y él mismo explica de qué se trata)". Univision (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  15. Peña, Roxana. "Alejandra Guzmán confiesa que sufrió dos abortos que la llevaron a hundirse en el alcohol". Nueva Mujer (en inglés). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  16. "Alejandra Guzmán confiesa haber estado en rehabilitación". People en Español (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  17. W. Radio Mexico (5 de novembro de 2009). "Detienen a médico vinculado con caso de Alejandra Guzmán". W Radio México (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  18. "Alejandra Guzmán "está grave", admite su médico". Proceso (en castelán). 8 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2019. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  19. Godínez, Luisa María. "Con explícita foto, Alejandra Guzmán muestra su prótesis en la cadera". Publinews (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]