Alberto Malo Navío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberto Malo
Información persoal
Nome completo Alberto Malo Navío
Nacemento 3 de abril de 1964 (60 anos)
Lugar Sant Boi de Llobregat, España
Altura 1'90m
Peso 100 kg
Posición Número 8
Carreira sénior
Anos Equipos
1982-1990 España U.E. Santboiana
1990-1991 Freyberg R.C.
1991-2000 España U.E. Santboiana
Selección nacional
1985-1999 España España 74 caps

Alberto Malo Navío, nado o 3 de abril de 1964 en Sant Boi de Llobregat, é un ex xogador de rugby, internacional 74 veces coa selección española entre 1985 e 1999. Podía xogar na segunda ou na terceira liña, pero sobre todo na posición do número oito. Moitos entendidos considérano un dos mellores xogadores españois da historia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albert Malo comezou a xogar ó rugby en 1975 e debutou con 18 anos no seu equipo de toda a vida, a Unió Esportiva Santboiana, coa que xogou até o ano 2000. Co club acadou cinco campionatos de liga e dous de copa entre outros títulos. A tempada 1990/91 foi a única na que estivo fora da Santboiana, para xogar en Nova Zelandia, unha primeira potencia do rugby mundial. Foi capitán do seu equipo e tamén da selección absoluta, coa que disputou o Mundial de 1999 un ano antes de retirarse.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]