Alberto Dadie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dadie
Información persoal
Nome Alberto Dadie Izagirre
Nacemento 20 de xullo de 2002
Lugar de nacemento Donostia
Altura 1.70 metros
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Real Sociedad B
Número 7
Carreira xuvenil
2014–2021 Real Sociedad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2022 Real Sociedad C 39 (4)
2022– Real Sociedad B 36 (1)
2023– Real Sociedad 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 11 de xaneiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Alberto Dadie Izagirre, nado en Donostia o 20 de xullo de 2002, é un futbolista español que xoga como dianteiro na Real Sociedad B, da Primeira División RFEF.

É fillo do exfutbolista Luis Dadíe.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na canteira da Real Sociedad, na que ingresou en 2014, e na tempada 2020/21 debutou co segundo filial do club, a Real Sociedad C, na Terceira División, logrando ese mesmo ano o ascenso á Segunda División RFEF. Na tempada 2022/23 fixo a súa estrea coa Real Sociedad B na Primeira División RFEF, no encontro da primeira xornada ante o Eldense.

O 1 de novembro de 2023 debutou co primeiro equipo da Real, na vitoria por 1-0 ante o Buñol na primeira rolda da Copa do Rei.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Encinas, Mikel (2 de abril 2021). "Los hijos de los campeones del 87 representan a todas esas generaciones huérfanas de títulos" (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2024. 
  2. "Las luces de una tarde sombría las ponen potrillos de Zubieta". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de novembro de 2023. Consultado o 11 de xaneiro de 2024.