Albert Bandura
Albert Bandura, nado en Mundare o 4 de decembro de 1925 é un psicólogo ucraíno-canadense de tendencia conductual-cognitiva, profesor da Universidade Stanford,recoñecido polas súas achegas á teoría da aprendizaxe social e a súa evolución ao sociocognitivismo, así como por postular a categoría de autoeficacia.
Índice |
Traxectoria [editar]
Ao longo da súa carreira foi responsable de grandes contribucións en campos moi diferentes da psicoloxía, incluíndo a teoría social-cognitiva, terapia e psicoloxía da personalidade. Tamén tivo unha influencia decisiva na transición entre o condutismo e a psicoloxía cognitiva. É responsable do experimento do boneco Bobo sobre o comportamento agresivo na infancia.
Recibiu o título de Doutor Honoris Causa en universidades como La Sapienza, Indiana, Leiden, Berlín ou Salamanca[1].
Bandura foi nomeado presidente da American Psychological Association en 1974, e en 1980 da Western Psychological Association (WPA), e en 1999 presidente honorario da Asociación Psicolóxica Canadense.
Obra [editar]
- Adolescent Aggression (1959, xunto con R. H. Walters). Ronald Press: New York.
- Social Learning through Imitation. University of Nebraska Press: Lincoln, NE.
- Principles of behavior modification (1969). New York: Holt, Rinehart and Winston.
- Psychological modeling: conflicting theories (1971). Chicago: Aldine·Atherton.
- Aggression: a social learning analysis (1973). Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall.
- Social Learning & Personality Development (1975). Holt, Rinehart & Winston, INC: NJ.
- Analysis of Delinquency and Aggression (1976, xunto con Emilio Ribes-Inesta). Lawrence Erlbaum Associates, INC: New Jersey
- Social Learning Theory (1977). Englewood Cliffs, NJ: Prentice Hall.
- Social Foundations of Thought and Action: A Social Cognitive Theory (1986). Englewood Cliffs, N.J.: Prentice-Hall.
- Self-efficacy: the exercise of control (1997). New York: W.H. Freeman.
Notas [editar]
- ↑ Prof. Dr. Albert Bandura (Universidad de Stanford) Dr. Honoris Causa por la Universidad de Salamanca"; Universidad de Salamanca, 23 de xaneiro de 2010 (en castelán).