Alaterno
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O alaterno (Rhamnus alaternus) é un arbusto perenne da familia das rannáceas, con follas coriáceas que presentan sempre cor verde, as flores presentan catro pétalos e son fortemente olorosas e o froito é unha drupa negra e zumenta. Típico da garriga propia da vexetación mediterránea, sobre todo frecuente por entre as aciñeiras, é moi resistente á seca.
Existen dúas subespecies
- Rhamnus alaternus L. subsp. alaternus
- Rhamnus alaternus L. subsp. myrtifolia
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |