Akon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Akon

Aliaune Badara Akon Thiam, máis coñecido por Akon, nado en Saint Louis (Misuri) o 30 de abril de 1973, é un cantante de rap e R&B e produtor musical estadounidense de orixe senegalesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nos Estados Unidos, onde residía a súa familia, seu pai Mor Thiam, músico senegalés que tocou con importantes grupos de jazz. Akon viviu en Dacar ata os sete anos cando a súa familia se move definitivamente a Nova Jersey. Akon afirma que durante tres anos estivo en prisión e durante ese tempo aprendeu o que lle podía ofrecer a música. fíxose famoso co sinxelo de 2004 Locked Up extraído do seu primeiro álbum Trouble. No seu segundo álbum, Konvicted, incluíase o sinxelo Smack That polo que foi nominado ós Premios Grammys. É o fundador de dous selos discográficos Konvict Muzik e Kon Live Distribution.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Akon