Aitzol Iriondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAitzol Iriondo
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónterrorista Editar o valor em Wikidata

Aitzol Iriondo Yarza, alias Gurbitz e Barbas, nado en Donostia o 8 de marzo de 1977, é un membro da organización terrorista ETA, xefe militar de devandita organización dende o 17 de novembro de 2008, até a súa detención o 8 de decembro seguinte. Substituíu a Mikel Garikoitz Aspiazu Rubina, Txeroki como líder de ETA.

Está acusado de asasinar o verán de 2000 en Tolosa ó ex gobernador civil de Guipúscoa, o socialista Juan María Jáuregui. E crese que tamén acabou a tiros coas vidas do edil socialista Froilán Elespe en 2001 en Lasarte e do policía municipal Joseba Pagazaurtundúa en 2003 en Andoain.

Ademais, a Garda Civil ten a certeza de que tamén asasinou en 2008 ó edil socialista Isaías Carrasco e que participou en decembro de 2007 no dobre crime de gardas civís en Capbreton, Francia.

Segundo as forzas antiterroristas españolas considéraselle "moi esixente, pide atentados importantes [...] Está convencido da vitoria, de seguir coa loita, de dobregar ó Estado español [...] Di que hai que ter o noso sangue preparado para ser derramada por Euskal Herria".

O 8 de decembro de 2008 foi detido en Francia pola Garda Civil e a Policía francesa, xunto a Eneko Zarrabeitia, alias "Sorgin", e Aitor Artetxe, cando o tres acudían a unha cita nunha igrexa da localidade francesa de Gerde.