Aeroporto de Visby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Visby
Visby flygplats

IATA: VBY – ICAO: ESSV
Sumario
Tipo público
Operador Swedavia
Cidade/Illa Visby
Localización Gotland
Elevación (msnm) 50 metros / 164 pés
Coordenadas Coordenadas: 57°39′46″N 18°20′46″L / 57.662777777778, 18.346111111111
Web https://www.swedavia.com/visby
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
03/21 2 000 6 562 asfalto
10/28 1 100 3 609 herba
Estatísticas (2014)
Pasaxeiros 406 906

O aeroporto de Visby (IATA: VBY, ICAO: ESSV) é un aeroporto situado a uns 3,5 km ao norte da cidade sueca de Visby, en Gotland. Trátase do único aeroporto comercial da illa e é o 12º máis grande de Suecia. Polas súas instalacións pasaron 406 906 pasaxeiros no ano 2014. O tráfico ten unha gran variación estacional con moitos máis pasaxeiros no verán ao ser o principal destino de vacacións interno do país; en 2010 tivo 17 606 pasaseiros en xaneiro e 51 193 en xullo. Durante a Almedalsveckan (a semana política de Visby) o aeroporto é coordinado, ao aumentar drasticamente o número de voos eses días.

As súas intalacións están compartidas co escuadrón F 17 da forza aérea sueca.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1938 o parlamento sueco decidiu construír un aeroporto civil ás afóras de Visby e o 27 de xaneiro de 1944 as instalacións foron inauguradas. O primeiro avión en aterrar foi un Junkers Ju 52 chamado Göteland de AB Aerotransport.[1] En outubro dese ano iniciouse o tráfico regular entre Visby e o continente nun principio principalmente con avións Ju 52. O principal destino e orixe do tráfico do aeroporto era o aeroporto de Bromma, inaugurado en 1936. En 1958 construíuse unha nova terminal, unha nova torre de control e inaugurouse unha nova pista asfaltada. Ademais ese ano a Luftfartsstyrelsen (autoridade de avión civil sueca) rebaixou as súas taxas aeroportuarias.[2] A actual torre de control e a nova terminal inauguráronse no ano 1985.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

ATR 72 de BRA aterrando no aeroporto de Visby
Aeroliñas Destinos
BRA Braathens Regional Airlines Gotemburgo, Malmö, Estocolmo-Bromma
Estacional: Helsinqui, Estocolmo-Skavsta, Sundsvall-Härnösand, Ängelholm
Finnair Estacional: Helsinqui
Nextjet Estacional: Karlstad, Estocolmo-Arlanda
Norwegian Air Shuttle Estacional: Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda
Chárter estacional: Chania, Corfú, Rodas
Scandinavian Airlines Estocolmo-Arlanda
Estacional: Oslo-Gardermoen[3]
SunExpress Chárter estacional: Antalya
Thomas Cook Airlines Scandinavia Chárter estacional: Palma de Mallorca
Widerøe Estacional: Oslo-Gardermoen

Carga[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Nord-Flyg Estocolmo-Skavsta

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hammarhjelm, Bengt (1999). Beredskap på Gotland 175 år: 1811-1986. Visby: Ödin. p. 164. ISBN 91-85716-84-7. 
  2. Öhrman, Roger (1994). Vägen till Gotlands historia. Visby: Gotlands fornsal. p. 255. ISBN 91-88036-13-8. 
  3. SAS (ed.). "SAS starter ny direkterute mellom Oslo og Gotland". Consultado o 1 de setembro de 2017.