Junkers Ju 52
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Junkers Ju 52 | |
|---|---|
| Ju 52 de Lufthansa | |
| Tipo | transporte |
| Fabricante | Junkers |
| Deseñado por | Ernst Zindel |
| Primeiro voo | 13 de outubro de 1930 |
| Principais usuarios | Luftwaffe |
| Produción | 1931–1945 (Alemaña) 1945–1947 (Francia) 1945–1952 (España) |
| Construídos | 4.845 |
O Junkers Ju 52 (alcumado Tante Ju—"Tía Ju" e Eisen Annie—"Annie de ferro") foi un avión de transporte alemán fabricado entre 1932 e 1945. Tivo tanto uso militar como civil durante os anos 30 e 40. Como avión civil foi usado por 12 aeroloñas, incluídas Swissair e Lufthansa, como avión de pasaxeiros e transporte. No seu rol militar voou coa Luftwaffe como transporte de tropas e de carga e brevemente como bombardeiro medio. O Ju 52 continuou en servizo despois da Segunda Guerra Mundial ata ben entrados os anos 80.