Adolfo Anta Espino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Anta Espino
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Carballeda de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Morteabril de 1991 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Carballeda de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Carballeda de Valdeorras
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSobradelo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político , comerciante Editar o valor em Wikidata

Adolfo Anta Espino, nado en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) cara a 1905 e finado no mesmo concello en abril de 1991, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrante en Cuba, colaborou en Diario de la Marina, Diario Español, Ideal Gallego, La Tierruca e La Montaña.[1] Retornou a Carballeda de Valdeorras. Coa República foi elixido alcalde de Carballeda de Valdeorras en 1931. Militou en Izquierda Republicana e foi presidente do Comité Municipal de Izquierda Republicana de Carballeda de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Ourense na causa 96/1937 acusado de rebelión militar o 12 de marzo de 1937,[2] foi condenado a prisión perpetua. Foille conmutada a pena pola de 15 anos de reclusión en 1938. Cumpriu condena da Prisión Central de Pamplona, onde ingresou o 14 de xullo de 1937 procedente da Prisión Provincial de Ourense.[3] Concedéronlle a liberdade condicional en abril de 1941.[4] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en setembro de 1942,[5] que foi sobresido por ter bens inferiores a 25.000 ptas. Foi correspondente de La Región en Carballeda de Valdeorras dende os anos sesenta. Pasou os seus últimos anos na residencia de Valdegodos. Finou no Hospital Valdeorras en abril de 1991.[6]


Predecesor:
?
 
Alcalde da Carballeda de Valdeorras
 
1931 - 1936
Sucesor:
?

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Fernando e Remedios Anta Arias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 17-11-1969, p. 9.
  2. La Región, 16-3-1937, p, 2.
  3. Fichas de presos (AGA) Anta Espino, Adolfo
  4. BOE, 23-4-1941, p. 2818.
  5. BOE, 22-9-1942, p. 3707.
  6. La Voz de Galicia, O Barco, 27-4-1991, p. 72.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]