Adama Diomandé
Adama Diomandé | |||
---|---|---|---|
Diomandé xogando co Skeid en 2010 | |||
Información persoal | |||
Nome | Valentin Adama Diomandé | ||
Nacemento | 14 de febreiro de 1990 | ||
Lugar de nacemento | Oslo | ||
Altura | 1.80 m[1] | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Los Angeles F.C | ||
Carreira xuvenil | |||
–2006 | Vålerenga | ||
2006–2007 | Lyn | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2010 | Lyn | 3 | (0) |
2010 | Skeid | 12 | (8) |
2010–2011 | Hødd | 38 | (18) |
2012–2013 | Strømsgodset | 46 | (15) |
2014 | Dinamo Minsk | 23 | (3) |
2015 | Stabæk | 21 | (17) |
2015– | Hull City | 20 | (4) |
Selección nacional | |||
2013 | Noruega sub-23 | 1 | (0) |
2015– | Noruega | 7 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de outubro de 2016 (UTC) Selección: actualizado a 25 de setembro de 2016 (UTC)[ editar datos en Wikidata ] | |||
Valentin Adama "Dio" Diomandé , nado en Oslo o 14 de febreiro de 1990, é un futbolista noruegués que xoga como dianteiro para o Hull City da Premier League.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diomandé naceu en Noruega de pais marfileses, como xuvenil xogou para o Holmlia, Vålerenga mais o Lyn. Estudou no instituto para deportistas Norges Toppidrettsgymnas, e logo tamén ciencia deportiva no Instituto Ulsrud.
Sénior[editar | editar a fonte]
Diomandé fixo o seu début sénior o 19 de outubro de 2008 contra o Hamarkameratene, como substituto no minuto 86. Xogou un encontro máis en 2008 e outro máis en 2009.[1] Na tempada 2012 entrou no Skeid. O 26 de marzo de 2015, Diomandé firmou por dous anos e medio co Stabæk.[2] E o 1 de setembro de 2015 pasou á liga inglesa ao fichar co Hull City da segunda división.[3] Por mor dunha lesión non fixo a súa estrea ata o 12 de decembro substituíndo no minuto 77 a Chuba Akpom, nunha vitoria por 1 a 0 contra do Bolton Wanderers.[4] Diomandé fixo a súa estrea na Premier League o 13 de agosto de 2016, marcando un gol nunha derrota contra o Leicester City.[5]
Carreira internacional[editar | editar a fonte]
A Diomandé convocárono por primeira volta para a selección absoluta norueguesa en xuño de 2015, debutando o 12 dese mes como substituto de Joshua King no minuto 79 nun partido de clasificación para a Eurocopa de 2016 contra Acerbaixán.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Adama Diomande". LynFotball.net.
- ↑ "Diomande klar for Stabæk". stabak.no. 26 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2016.
- ↑ "Deadline Day: Tigers Sign Norwegian Striker Adama Diomande". hullcitytigers.com. 1 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2015. Consultado o 30 de outubro de 2016.
- ↑ "Hull 1–0 Bolton". BBC. 12 de decembro de 2015.
- ↑ "Hull City 2–1 Leicester City". BBC. 13 de agosto de 2016.