Actúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Actúa
Partido político da España
Dirixentes e organización
LíderesGaspar Llamazares
Baltasar Garzón
Filiación internacionalDemocracia en Europa 2025 (DiEM25)
Historia
Fundación3 de agosto de 2017
Posicións políticas
IdeoloxíaProgresismo
Republicanismo
Federalismo
Ecoloxismo
Laicismo[1][2]
Outros datos
Na rede
reaccionayactua.com
Twitter: actua_digital Editar o valor em Wikidata

Actúa é un partido político español de esquerdas e progresista impulsado por Baltasar Garzón e Gaspar Llamazares.

Ideoloxía e posicións políticas[editar | editar a fonte]

De acordo con Antonio Elorza, a iniciativa, situada dentro do marco dos diferentes movementos aparecidos en Europa a consecuencia da descomposición da socialdemocracia tradicional e dos sucesores do comunismo democrático, presenta entre as súas prioridades: a loita contra a desigualdade, desprazar ao Partido Popular fóra do poder, a ecoloxía e medidas anticorrupción.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Actúa foi oficialmente rexistrado coma partido político en agosto de 2017, a partir da plataforma do mesmo nome, nutrindose de militantes de Esquerda Aberta descontentos co rumbo de Esquerda Unida e dos membros da plataforma «Convivencia Cívica».[3][4] Impulsado por Gaspar Llamazares e Baltasar Garzón, o manifesto da plataforma foi asinado, entre outros, por José Antonio Martín Pallín, Federico Mayor Zaragoza, Cristina Almeida, Lina Gálvez, Teresa Aranguren, Carlos Berzosa, Luis García Montero, Almudena Grandes e Antonio Gutiérrez.[1]​ Porén, despois da inscrición como partido, algúns asinantes, sorprendidos por este desenvolvemento, como Antonio Gutiérrez ou Martín Pallín, distanciáronse da mesma.[5]

O partido uniuse en 2018 a Primavera Europea, o movemento transnacional impulsado polo movemento DiEM25, liderado á súa vez polo exministro grego de economía Yanis Varoufakis.[6] En dicembro de 2018 Actúa celebrou a súa primeira conferencia política, na cal manifestou a «intención firme de presentarse nas próximas eleccións europeas, autonómicas e municipais» (as do ano 2019).[7] En canto ás eleccións municipais de 2019 en Madrid, Actúa manifestou a súa vontade de participar na candidatura de Máis Madrid.[8]

Referencias[editar | editar a fonte]