Ace of Base

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ace of Base
Orixe Gotemburgo, Suecia Flag of Sweden.svg
Período 1990 - Actualmente
Xénero(s) eurodance, europop
Selo(s) discográfico(s) Mega Records (1992-1999)
Edel-Mega Records(1999-2003)
Arista Records Estados Unidos (1993-2000)
Membros Clara Hagman
Jonas Berggren
Julia Williamson
Ulf Ekberg
Antigos membros Jenny Berggren
Linn Berggren
Na rede
[1]

Ace of Base é unha banda dance e pop de Suecia constituída por Ulf Gunnar Ekberg (Buddha), e os irmáns Jonas Berggren (Joker), Malin Sofia Katarina Berggren (Linn) e Jenny Cecilia Berggren. Moitas veces foron comparados con ABBA, outra banda do mesmo país. En Galicia tiveron grande éxito especialmente en 1993 co álbum The Sign (versión americana do álbum "Happy Nation").


Historia[editar | editar a fonte]

A historia da banda tivo inicio cando os tres irmáns Jonas, Jenny e Linn Berggren formaron unha banda chamada "Tech Noir". Jonas coñeceu ao Ulf Ekberg e xuntos comezaron a compor e producir música, creando así Ace of Base.

Despois de gravar unha fita demo, onde entre outras estaba o sonado sinxelo "All That She Wants", foron a Estocolmo na procura dos grandes selos discográficos. Ningún deles se mostrou interesado (Jonas aínda se lembra de alguén falando que a música era "Obvia demais, simple demais"). O próximo paso foi Copenhaguen, onde Mega Records inmediatamente viu que tiñan potencial e adorou o estilo pop-reggae da música.

O primeiro single de Ace of Base foi "Wheel of Fortune", seguido entón polo coñecidísimo hit "All That She Wants". "The Sign" e "Don't Turn Around" tamém se tornaron éxitos internacionais.

A banda primeiramente tivo éxito en Dinamarca, despois Alemaña, o resto de Europa, Asia, antes de conquistar a América.

No total, o primeiro álbum, chamado Happy Nation, vendeu 23 millóns de copias e mantén a marca de Album de Estrea Máis Vendido no Libro Guiness dos Récords, alén de alcanzar varios premios, coma seis WMA, tres Billboard Awards, tres America Music Awards, varios Grammy Awards de Europa e dous nomeamentos aos Grammy.

Cos seguintes álbumes que seguiron ao exitoso The Sign o éxito foi decaendo, sendo considerábeis as vendas en Galicia de The Bridge e Flowers. O recopilatorio Singles of the 90s (2000) tamén tivo éxito co sinxelo C'est la Vie.

Malin Sofia Katarina Berggren (Linn), a principal vocalista, apartouse da banda antes do recopilatorio Singles of the 90s en 2000 por motivos persoais e de saúde. Jenny Cecilia Berggren continuou na banda como vocalista até Da Capo (2003); despois seguiu a súa carreira por solitario.

Despois dunha paréntese, Ace of Base volveu en 2010 con The Golden Ratio, desta vez con dúa novas vocalistas: Clara Hagman e Julia Williamson.

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • (1992) Wheel Of Fortune
  • (1992) All That She Wants
  • (1992) Happy Nation
  • (1993) Waiting For Magic
  • (1993) The Sign
  • (1994) Don't Turn Around
  • (1994) Living In Danger
  • (1995) Lucky Love
  • (1995) Beautiful Life
  • (1996) Never Gonna Say I'm Sorry
  • (1996) My D'eja' Vu
  • (1998) Angel Eyes
  • (1998) Life Is A Flower
  • (1998) Cruel Summer
  • (1998) Whenever You're Near Me
  • (1998) Cruel Summer Feat. Alliage
  • (1998) Travel To Romantis
  • (1998) Tokyo Girl
  • (1998) Donnie
  • (1998) Always Have, Always Will
  • (1999) Everytime It Rains
  • (1999) Cecilia
  • (1999) C'est La Vie always 21
  • (1999) Love In December
  • (2000) Hallo Hallo
  • (2000) Everytime It Rains Metro Mix
  • (2002) Beautiful Morning
  • (2002) The Juvenile
  • (2003) Unspeakable
  • (2008) Wheel Of Fortune Remix 2009
  • (2010) All for you
  • (2010) The Golden Ratio

Videografía[editar | editar a fonte]

  • (1992) All That She Wants
  • (1992) Wheel Of Fortune
  • (1993) Happy Nation
  • (1993) Happy Nation (Moody Gold Mix)
  • (1993) The Sign
  • (1993) The Sign (Alternate Version 1)
  • (1993) The Sign (Alternate Version 2)
  • (1994) Don't Turn Around
  • (1994) Don't Turn Around (Aswad Mix)
  • (1994) Don't Turn Around (Turned Out Eurodub)
  • (1994) Living In Danger
  • (1994) Living In Danger (US Version)
  • (1994) Living In Danger (D-House Remix Edit)
  • (1994) Living In Danger (Principle Remix Edit)
  • (1994) Living In Danger (Un-Released Version / Buddha Mix)
  • (1994) Hear Me Calling
  • (1995) Lucky Love (European Version)
  • (1995) Lucky Love (European - Acoustic Version 1)
  • (1995) Lucky Love (European - Acoustic Version 2)
  • (1995) Lucky Love (Amadin Mix)
  • (1995) Beautiful Life
  • (1995) Beautiful Life (Bubble Version)
  • (1995) Beautiful Life (Vission Lorimer Club Remix Edit)
  • (1995) Lucky Love (US Version - Acoustic Version)
  • (1995) Lucky Love (US Alternate Version - Acoustic Version)
  • (1996) Never Gonna Say I'm Sorry
  • (1996) Never Gonna Say I'm Sorry (Morph Version)
  • (1998) Life Is A Flower
  • (1998) Cruel Summer (European Version - Big Bonus Mix)
  • (1998) Cruel Summer (US Version)
  • (1998) Cruel Summer (Feat. Alliage)
  • (1998) Travel To Romantis
  • (1998) Always Have, Always Will
  • (1999) C'est La Vie always 21
  • (2002) Beautiful Morning
  • (2003) Unspeakable
  • (2008) Wheel Of Fortune 2009
  • (2009) Cruel Summer (Rico Bernasconi Remix)
  • (2010) All For You

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]