Abraham Carreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAbraham Carreiro
Biografía
Nacemento1981 Editar o valor em Wikidata (42/43 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de banda deseñada , ilustrador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiPepe Carreiro Editar o valor em Wikidata

Tebeosfera: carreiro_abraham
Notes

Abraham Carreiro Fernández, nado en Vigo en 1981, é un debuxante e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como debuxante en Barcelona, na escola Joso e na escola Massana[1]. Profesionalmente traballa como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico[1].

En 2016 fundou a revista infantil e xuvenil O papagaio.

Obras[editar | editar a fonte]

Infantil e xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Estudios Tex. O mundo dos debuxos animados. (Moito conto, 2013)[2].
  • Xoeliki : as aventuras dun ciberpirata (Sotelo Blanco, 2011), premiado na novena edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento, na categoría xuvenil. Traducido ao catalán en 2014 (Tres i Quatre)[3].
    • Xoeliki: o grande apagamento (Sotelo Blanco, 2012)
    • Xoeliki: os ordenadores apagados (Moito conto, 2017)
  • a colección Contos que len outros nenos do mundo, editada por A Nosa Terra,
    • O cazador de Cambodia (2009)
    • Latcho Drom (2009)
    • As espiñas do porco espiño (2010), premiado na oitava edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento na categoría infantil.
  • A fortuna de Bartolomeu, A Nosa Terra.[cando?][1]
  • Un sol de mascota[cando?][1]
  • Xanardán e a becha, A Nosa Terra.[cando?][1]
  • Grandes contra pequenos, A Nosa Terra.[cando?][1]
  • O corvo do chapapote, A Nosa Terra.[cando?][1]

En colaboración con Pepe Carreiro[editar | editar a fonte]

  • Canda o pai, Pepe Carreiro, produciu a serie Os pequenos Barbanzóns (Ed. Toxosoutos)

Ilustrador[editar | editar a fonte]

Tamén ten feito outros labores de ilustración, desde o deseño de mascotas ou libros ilustrados para concellos, até a colaboración en prensa periódica, como na revista Tempos novos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O seu pai[4] é o tamén debuxante Pepe Carreiro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Abraham Carreiro: Biografía". Abraham Carreiro. Consultado o 2020-12-23. 
  2. "Participa do Crowdfunding "Estudios Tex. O mundo dos debuxos animados." en Verkami". www.verkami.com. Consultado o 2020-12-23. 
  3. "Catálogo de la Biblioteca Nacional de España -". catalogo.bne.es (en inglés). Consultado o 2020-12-23. 
  4. "Charla de Abraham Carreiro en Forcarei". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-11-24. Consultado o 2020-12-23.