Abou Diaby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abou Diaby
Diaby en outubro de 2010
Información persoal
Nome Vassiriki Abou Diaby
Nacemento 11 de maio de 1986 (37 anos)
Lugar de nacemento Aubervilliers
Altura 1,92 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1996–1998 Aubervilliers
1998–1999 Red Star Paris
1999–2002 INF Clairefontaine
2002–2004 Auxerre
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2006 Auxerre 10 (1)
2006–2015 Arsenal 124 (14)
2015–2017 Marseille 5 (0)
Selección nacional
2004–2005 Francia sub-19 12 (0)
2006–2007 Francia sub-21 2 (0)
2007–2012 Francia 16 (1)
Na rede
Twitter: AbouVDIABY FIFA: 297102 UEFA: 95416 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Vassiriki Abou Diaby, nado o 11 de maio de 1986 en París, é un futbolista francés retirado que xogaba de centrocampista. Ademais, foi internacional na selección de Francia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Diaby comezou a súa carreira futbolística no CM Aubervilliers, equipo da súa cidade natal. En 1998, fichou polo Red Star Paris. Un ano antes, Diaby foi seleccionado para ir á academia Clairefontaine. Pasou catro anos na academia ó mesmo tempo que adestraba co Red Star. Un ano antes de irse de Clairefontaine, Diaby foise ó Paris Saint-Germain, pero debido a un erro administrativo do club que fixo que Diaby fose axente libre, uniuse á academia do AJ Auxerre. Pasou dous anos na academia antes de debutar coma profesional na tempada 2004-05.

En xaneiro de 2006, Diaby fichou polo Arsenal FC inglés. Fixo o seu debut co equipo nese mesmo mes, e anotou o seu primeiro gol tres meses máis tarde contra o Aston Villa. Cinco meses despois de fichar polo Arsenal, sufriu unha grave lesión de nocello, e dende entón tivo moitos problemas coas lesións.

Selección[editar | editar a fonte]

Diaby pasou polas categorías sub-19 e sub-21 de Francia, antes de facer o seu debut na selección absoluta en marzo de 2007 contra Lituania, nun partido de clasificación para a Eurocopa de 2008. Ademais, representou a Francia no Mundial de fútbol de 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]