Abelardo Gabriel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abelardo Gabriel
Nacemento Abelardo Pérez Gabriel
1946
Barcelona
Falecemento 28 de xuño de 2010
Ourense
Ficha na IMDb

Abelardo Pérez Gabriel, nado en Barcelona en 1946 e falecido en Ourense o 28 de xuño de 2010[1], foi un actor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou parte da súa infancia en Barcelona e en Ourense. Traballou como empregado de banca e como modelo, pero deixouno pola interpretación teatral. Nas táboas, comezou no teatro afeccionado en Ourense en colectivos como Escena, Valle Inclán ou Histrión.

En xuño de 2007 é designado candidato á alcaldía de Ourense polo PSdeG-PSOE, pero días despois desavinzas coa formación fanlle presentar a renuncia, e é substituído por Francisco Rodríguez na cabeza de cartel.

Producións de televisión[editar | editar a fonte]

Obra escrita[editar | editar a fonte]

  • Aquellas estrellas de nuestra vida (2007) recompilatorio de artigos sobre cine publicados no xornal La Región.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fina aos 64 anos o actor ourensán Abelardo Pérez", artigo en Cultura Galega, 29 de xuño de 2010.