Abel Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abel Moreno
Información persoal
Nacemento 19 de febreiro de 1995
Lugar de nacemento Encinasola
Posición defensa
Carreira xuvenil
Sevilla
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2014–2015 Sevilla C 34 (3)
2015–2016 Córdoba B 20 (0)
2015–2017 Córdoba 13 (0)
2016–2017Ponferradina (loan) 17 (1)
2017–2018 Zaragoza B 28 (2)
2018–2019 Linense 15 (0)
2019–2020 Ebro 10 (0)
2020 Villarrobledo 6 (0)
2020– Gerena 3 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 16:43, 17 de novembro de 2020 (UTC)
editar datos en Wikidata ]

Abel Moreno Zorrero, nado en Almensilla o 19 de febreiro de 1995, é un futbolista español que xoga no CD Gerena como defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Andaluz de nacenza formouse co Sevilla FC e debutou como sénior co equipo C na tempada 2014–15 na terceira división. O 7 de xullo de 2015 pasou ao Córdoba CF e quedou asignado ao equipo filial[1].

O 9 de setembro de 2015 fixo o seu debut profesional nun 0–1 en casa contra do CD Lugo para a Copa do Rei[2]. A súa estrea na segunda división foi o 29 de novembro, e xogou os 90 minutos, nun 2–1 na casa contra do Real Oviedo[3].

Cedérono ao SD Ponferradina da Segunda División B o 13 de xullo de 2016. Aproximadamente, un ano despois asinou para outro equipo filial, o Deportivo Aragón tamén na terceira división[4][5].

Nas tempadas seguintes xogou en diversos equipos: Linense, Ebro, CP Villarrobledo e dende a tempada 2020-21 no CD Gerena[6].

Notas[editar | editar a fonte]