Rally Rías Baixas de 1990

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «26º Rally Rías Baixas»)
Rally Rías Baixas de 1990
CategoríaGalicia
Copa España
LocalizaciónGalicia Provincia de Pontevedra
OrganizadorEscudería Rías Baixas
ÁmbitoNacional
Rexional
SuperficieAsfalto
Gañadores
Piloto campiónGalicia Germán Castrillón
AnteriorRally Rías Baixas de 1989
SeguinteRally Rías Baixas de 1991

O Rally Rías Baixas de 1990 foi a 26ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally, así como para a Copa de España de Rallys. Celebrouse o 28 de xullo de 1990 e o vencedor foi Germán Castrillón, a bordo dun Ford Sierra RS Cosworth.[1]

Itinerario[editar | editar a fonte]

O rally constou de tres seccións e 17 treitos cronometrados. A primeira comezou ás 10 da mañá e percorreu os treitos de Vigo, Cillarga (9,4 km), Barbudo (4,4 km), Fornelos - Quintáns (16,8 km) e Sabaxáns - Barcia de Mera - Covelo (22,9 km). Na segunda sección repetíronse os mesmos treitos, con chegada en Vigo e cunha pasada extra por Cillarga. A terceira e última sección, a nocturna, comezou ás 9 da noite en Vigo e percorreu dúas veces os treitos de Salceda (6,7 km), Chenlo (9,9 km), Vincios - Vilaza (4,6 km) e Camos - Vincios (5,4 km), rematando de madrugada.[2]

Resumo[editar | editar a fonte]

O rally supuxo o regreso de Germán Castrillón e Estrella Castrillón, que tras seren subcampións galegos o ano anterior non participaran aínda en ningún rally desta tempada por falta de patrocinadores.[1] Finalmente inscribíronse cun Ford Sierra Cosworth mercado a Carlos Piñeiro.[3] Tamén reaparecía o vigués Juan Carlos González "Culebra", aos seus 52 anos e despois de máis de dez sen competir. Inscribiuse cun BMW M3 que lle mercou a Pep Bassas, e co que o piloto catalán se proclamara campión de España na tempada anterior.[1]

Ao pouco de comezar o rally tivo que abandonar o campión galego Arturo Rial, con problemas no embrague. Germán Castrillón marcou o mellor tempo nos tres primeiros treitos e mantivo o liderado até o segundo paso por Sabaxáns - Barcia de Mera - Covelo, onde foi superado por "Culebra", que rematou as dúas seccións diúrnas como líder, aínda que con só seis segundos de vantaxe sobre os Castrillón.[4] O canario Pedro Cruz sufriu un accidente no primeiro paso por Fornelos e tivo que ser trasladado en ambulancia, aínda que finalmente o seu estado non revestiu gravidade.[4]

No primeiro treito da sección nocturna, en Salceda, Castrillón recuperou a primeira posición, e aumentou a súa vantaxe nos dous seguintes treitos, Chenlo e Vincios - Vilaza. Na primeira pasada por Camos - Vincios, "Culebra" recortoulle un pouco de tempo ata colocarse a 15 segundos, pero con todo, Castrillón xa non cedeu a primeira posición e chegou como vencedor á meta, tendo como único sobresalto en toda a noite unhas vacas que se lle cruzaron na estrada no treito de Chenlo.[1]

O vascofrancés Marc Etchebers ocupou o terceiro caixón do podio, ao chegar por diante do canario "Carlos" e do Citroën AX Sport de "Peitos", quedando este último en quinto lugar e primeiro da Challenge Citroën.[1]

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Copiloto Vehículo Tempo
1 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra RS Cosworth 1:52:26
2 Galicia "Culebra" Galicia Gustavo Piñeiro BMW M3 E30 1:52:55
3 Francia Marc Etchebers Galicia Humberto González Ford Sierra RS Cosworth 1:56:58
4 España "Carlos" Galicia Ventura Giménez Mercedes-Benz 190E 2.3 16v 1:57:36
5 Galicia "Peitos" Galicia Francisco Javier Salgueiro Citroën AX Sport 1:57:54
6 España Antonio Garrido Galicia López Carbajal Ford Sierra RS Cosworth 1:59:17
7 Galicia Chano Carrera Galicia Rodrigo Alonso Citroën AX Sport 2:01:26
8 Galicia Javier Piñeiro Galicia Carlos Cascallar Peugeot 205 Rallye 2:02:04
9 Galicia Antonio Trelles Galicia Candú Costas Renault 5 GT Turbo 2:02:50
10 Galicia Lino Otero Galicia Diego Vallejo Renault 5 GT Turbo 2:02:55
11 Galicia Javier Paz Galicia Juan Carlos Novoa Citroën AX Sport 2:04:42
12 Galicia Carlos Iglesias Galicia Chelo Prieto Citroën AX GT 2:05:07
13 Francia Laurent Galiay Francia Thierry Galiay Renault 5 GT Turbo 2:05:41
14 Francia Christophe Rebière Francia T. Lalanne Peugeot 205 Rallye 2:05:58
15 Galicia "Solo" Martínez Galicia Herminio González Renault 5 GT Turbo 2:07:14
16 Galicia Manuel Alfaro Roca Renault 5 GT Turbo 2:08:21
17 Galicia Félix Enes Galicia Carlos Vázquez Citroën AX GT 2:10:02
18 Portugal Manuel Ferreira Portugal Miguel Ramalho Renault 11 Turbo 2:10:39
19 Galicia Jesús Campos Galicia José Manuel Pampín Renault 5 GT Turbo 2:11:13
20 Galicia Álvaro Vila Galicia Enrique Veloso Citroën AX GT 2:15:52
Abandonos
- Galicia Arturo Rial Galicia Mario Pazos Citroën AX Sport -
- España Fernando Brizuela España Francisco López Ford Sierra RS Cosworth -
- España Pedro Cruz España Miguel Ángel Dávila Opel Kadett GSI -
- Francia Jean-François Lassalle Francia Lassalle Volkswagen Golf G60 Rallye -
- Galicia Jorge Pérez Galicia Luis Pérez Renault 5 GT Turbo -
- Galicia Emilio Barros Galicia Bargiela Renault 11 Turbo -
- Galicia José M. López Parada Galicia José Valcárcel Renault 5 GT Turbo -
- Galicia Ricardo Vidal Galicia Juan Carlos Souto Peugeot 205 Rallye -
- Galicia José María Banga Citroën AX Sport -
- Galicia Juan Carlos Táboas Citroën AX Sport -
- Galicia Alberto González Citroën AX GT -

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Arévalo, Fernando (30 de xullo de 1990). "Castrillón, el más rápido en los tramos nocturnos, venció en el Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 25. 
  2. Arévalo, Fernando (28 de xullo de 1990). "Brizuela, máximo rival de Etchebers entre los 72 inscritos en el Rally Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 46. 
  3. "Setenta y dos equipos inscritos en el Rally Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xullo de 1990. p. 50. 
  4. 4,0 4,1 Arévalo, Fernando (29 de xullo de 1990). "Ligera ventaja de González sobre Castrillón, tras la primera parte del Rally Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 46. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Rally Botafumeiro
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 1990
Sucesor:
Rally Cidade de Cristal