2010 FIFA World Cup South Africa (videoxogo)
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
2010 FIFA World Cup South Africa é o videoxogo oficial do Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010, publicado por EA Sports.[1]
O videoxogo foi anunciado o 26 de xaneiro do ano 2010 por GameSpot, e lanzado en Estados Unidos o 27 de abril de 2010.[1] Este xogo contén 199 das 204 seleccións de fútbol que existen no mundo e tamén inclúe as probas de clasificación para o mundial 2010, as únicas seleccións que xogaron as probas clasificatorias e que non aparecen no xogo son a República Central Africana, a Selección nacional de Eritrea, a Selección de Fútbol de São Tomé e Príncipe, Bhutam e Guam.
Ademais tampouco aparecen as seleccións de Brunei, Laos, Papúa Nova Guinea e as Filipinas.
[editar] Valoracións
O xogo foi valorado cun nove para a edición para PS3, cun oito con tres para Xbox, cun seis para PSP e cun seis con cinco para Wii.
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 FIFA World Cup 2010 Q&A With Simon Humber, uk.gamespot.com