Óscar Carrera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Óscar Carrera Amandi»)
Infotaula de personaÓscar Carrera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de maio de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galicia
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Clase de competiciónK4
Membro do equipo deportivoClub Ría de Betanzos
Participou en
20172017 ICF Canoe Sprint World Championships – Men's K-4 1000 metres (en) Traducir (4º)
20 de agosto de 2016Canoagem nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - K-4 1000 m masculino (pt) Traducir (5º)
20152015 ICF Canoe Sprint World Championships (en) Traducir
20132013 ICF Canoe Sprint World Championships (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Facebook: oscargaliciakayak Twitter: oscarkayak Olympic.org: oscar-carrera Editar o valor em Wikidata

Óscar Carreira Amandi, nado en Tui o 9 de maio de 1991, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2013 participou no Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas, celebrado en Mortemor, logrando unha cuarta posición na categoría K-4 1000 metros, xunto aos seus compañeiros Javier Hernanz, Rodrigo Germade e Iñigo Peña.[1] Co mesmo equipo participou ese ano no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas en Duisburgo, conseguindo unha oitava posición.[2] O ano seguinte competiron no Mundial celebrado en Moscova, pero foron descualificados.[3]

Gañou unha medalla de bronce no Campionato Europeo de Piragüismo de 2015, na proba de K4 1000 m, cos mesmos compañeiros.[4][5] Ese ano competiron tamén no Mundial celebrado en Milán, obtendo a sexta praza final.[6] Participaron ao ano seguinte nos Xogos Olímpicos de Río de Janeiro 2016, obtendo o 5º lugar na proba de K4 1000 m.[7]

Tras os Xogos o equipo mudou: saíron Rodrigo Germade e Iñigo Pena e entraron Javier Cabañín e Rubén Millán. No Mundial de 2017, na República Checa, o equipo finalizou en cuarta posición.[8]

Ademais adestra ás categorías de base do Club Ría de Betanzos.[9]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 2016, o Concello de Tui engadiu o seu nome no monumento aos deportistas olímpicos da vila, na Rúa Olímpicos Tudenses.[10]

Palmarés Internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2015 Račice (República Checa República Checa) Medalla de bronce Bronce K4 1000 m

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Resultados de Montemor 2013". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  2. "Resultados Duisburgo 2013". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  3. "Resultados de Moscova 2014". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  4. «Óscar Carrera» en CanoeResults.eu (en inglés).
  5. "Resultados de Račice 2015". www.canoeresults.eu. Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  6. "Resultados de Milán 2015". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  7. «Óscar Carrera» Arquivado 24 de outubro de 2017 en Wayback Machine. en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports) (en inglés).
  8. "Resultados de Račice 2017". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  9. "Óscar Carrera, un olímpico para todo en Betanzos". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2018. Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  10. "Óscar Carrera Amandi xa figura na rúa Olímpicos Tudenses". 19 de outubro de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]