Ånima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ånima
OrixeA Coruña, Galicia Galicia
Período2010-presente
Xénero(s)rock alternativo, rock progresivo
MembrosRolo
Dabe
Miguel Ángel
Duro
Na rede
http://www.animaoficial.com/
Musicbrainz: e7891c11-0178-474c-b674-65f0cb0aa422 Discogs: 6788800 Editar o valor em Wikidata

Ånima é unha banda de rock alternativo/progresivo que naceu no ano 2010 na Coruña. Gravaron o seu primeiro álbum, titulado Tresmilonce, despois de tres anos de ensaios no local e, logo diso, presentaron o seu primeiro directo no Aversion Fest (Burela). No ano 2013 gañaron case todos os concursos aos que se presentaron e compartiron escenario con grandes grupos da escena musical grazas a ter tocado no Resurrection Fest (con The Flatliners), no FIRC (con Def Con Dos), no Mareira Fest (con no ), Nordestazo (con Los Enemigos, Barón Rojo…), no Noroeste Pop Rock (con Madness), no Sada Rock (xunto a Los Suaves), no Oistes Rock (con Mägo de Oz, La Fuga e Heredeiros da Crus) e no Castelo Rock (con Molotov e Mojinos Escozíos, entre outros). Así, entre concerto e concerto, foron esgotando practicamente todas as copias editadas dun primeiro disco, que lles propiciou críticas positivas e un bo acollemento.

En 2017 fixeron unha xira de presentación do seu segundo disco, En Guerra, cuxa gravación se levou a cabo grazas a unha existosa campaña de micromecenado.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Tresmilonce 2012
En Guerra 2017

Membros[editar | editar a fonte]

O grupo fórmano:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ånima - Segundo disco. ("Ånima volvemos al estudio con el segundo disco, que verá la luz en otoño de 2016). En Verkami.com. (En castelán)
  2. "Biografía: quiénes somos". Na páxina web do grupo. (En castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]