Ángel Mato Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁngel Mato Peña
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1892 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1934 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata

Ángel Mato Peña, nado en Ferrol o 30 de xullo de 1892 e finado na mesma cidade o 6 de outubro de 1934, foi un mestre, sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sendo estudante da Escola Normal da Coruña participou na constitución da "Academia Escolar" da Coruña en 1911, da que foi elixido tesoureiro da súa directiva.[1] Aprobou as oposicións de Maxisterio e foi mestre da Escola nacional de Cangas dende xaneiro de 1916,[2] onde participou na constitución da Agrupación Socialista de Cangas en 1923. En setembro de 1924 pasou á escola do Seijo (en Franza, Mugardos).[3] Foi fundador e directivo da Federación Española de Trabajadores de la Enseñanza da UGT en Ferrol, colaborou en La Lucha e dirixiu El Obrero. Tamén pertenceu á directiva da Sociedad de Amigos del Paisaje Gallego.[4] Foi candidato do PSOE pola provincia da Coruña nas eleccións de 1933 pero non resultou elixido. Foi abatido nun tiroteo con gardas municipais diante do Arsenal de Ferrol o 6 de outubro de 1934, cando encabezaba un grupo que trataba de destruír un transformador para dificultar a saída de Ferrol das tropas enviadas para reprimir a Revolución de Asturias de 1934.[5][6][7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Coruña con Luz Lorenzo Mosquera en xaneiro de 1917.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Galicia, 21-11-1911, p. 2.
  2. El Correo de Galicia, 5-1-1916, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 12-9-1924, p. 7.
  4. El Correo Gallego, 22-12-1928, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 10-10-1934, p. 11.
  6. El Ideal Gallego, 13-10-1934, p. 1.
  7. El Obrero, 11-7-1936, p. 2.
  8. El Diario de Pontevedra, 24-1-1917, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]