Ácido 3-fosfoglicérico
Número CAS:820-11-1.
Nome IUPAC: ácido (2R)-2-Hidroxi-3-fosfonooxipropanoico. [1]
O ácido 3-fosfoglicérico (3PG) ou ácido 3-fosfo-D-glicérico [2] é unha molécula moi importante no metabolismo, xa que intervén (en forma ionizada) na glicólise e no ciclo de Calvin da fotosíntese. Trátase dun ácido carboxílico de tres carbonos, cun grupo OH no carbono 2 e un grupo fosfato esterificado no carbono 3 [3]. Pola posición do OH é unha forma D. Pola súa estrutura química pode considerarse un derivado do ácido glicérico.
A forma desprotonada (COO-) do ácido denomínase 3-fosfoglicerato, que é a forma na que está a pH celular e na que intervén no metabolismo.
Índice |
Glicólise e gliconeoxénese [editar]
Na glicólise o 3-fosfoglicerato é un dos intermediarios da ruta. A molécula da glicólise de 3 carbonos 1,3-difosfoglicerato orixina encimaticamente 3-fosfoglicerato en reacción catalizada pola fosfoglicerato quinase. Nesta reacción prodúcese formación de ATP a partir do ADP e dun dos fosfatos do 1,3-difosfoglicerato, polo que se trata dunha fosforilación a nivel de substrato. Por tanto, é un dos puntos onde se produce ATP na glicólise [4].
Despois o 3-fosfoglicerato transfórmase en 2-fosfoglicerato pola acción da fosfoglicerato mutase.
| ADP ATP Fosfoglicerato quinase |
||
| 1,3-difosfoglicerato + ADP |
3-fosfoglicerato + ATP |
|
![]() |
O 3-fosfoglicerato intervén tamén na gliconeoxénese, ruta na que realiza as reaccións inversas ás que realiza na glicólise.
Ciclo de Calvin [editar]
No ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese o 3-fosfoglicerato é unha molécula chave. Cando se incorpora (fixa) unha molécula de CO2 á ribulosa 1,5-bifosfato esta xera unha molécula inestable de 6 carbonos, que axiña rompe orixinando dúas moléculas de 3-fosfoglicerato. Este 3-fosfoglicerato é a primeira molécula estable que incorpora carbono na fotosíntese C3, que se chama C3 porque o 3-fosfoglicerato ten 3 carbonos. Despois o 3-fosfoglicerato redúcese a gliceraldehido 3-fosfato, previa formación de 1,3-difosfoglicerato, continuando as reaccións do ciclo de Calvin [4].
Cando na planta se produce fotorrespiración, despois da fixación do CO2 só se forma unha molécula de 3-fosfoglicerato (en vez de dúas), xunto con outra de fosfoglicolato. Esta última inicia as reaccións da fotorrespiración.
Síntese de aminoácidos [editar]
O 3-fosfoglicerato é tamén un precursor da serina. O 3-fosfoglicerato inicia a ruta de síntese, transformándose por deshidroxenación encimática en 3-fosfohidroxipiruvato, e este por transaminación co glutamato orixina fosfoserina, que dá lugar á serina libre ao hidrolizarse o seu fosfato. A partir da serina tamén se poden formar glicina e cisteína (polo ciclo da homocisteína). [4]
