Saltar ao contido

Óscar Mingueza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÓscar Mingueza
Biografía
Nacemento(es) Óscar Mingueza García Editar o valor en Wikidata
13 de maio de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Santa Perpètua de Mogoda, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,84 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  FC Barcelona B
Participou en
8 de agosto de 2021torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020 (2º) Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAriadna Mingueza Editar o valor en Wikidata

Instagram: oscarmingueza UEFA: 250087538 Editar o valor en Wikidata

Óscar Mingueza García, nado en Santa Perpètua de Mogoda (Provincia de Barcelona) o 13 de maio de 1999, é un futbolista catalán que xoga como defensa no Real Club Celta de Vigo da primeira división española de fútbol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira deportiva no F. C. Barcelona, ao que pertenceu desde que ingresou nas súas categorías inferiores en 2007, chegando ao equipo xuvenil en 2016, co que conseguiu levantar a liga Xuvenil da UEFA 2017-18.[1][2]

En 2018 foi promovido ao filial, o F. C. Barcelona B, e fixo a pretemporada co primeiro equipo.[3][4] Debutou como sénior o 26 de agosto, na derrota do Barça B por 3-1 fronte ao C. D. Alcoyano.[5]

O 24 de novembro de 2020 fixo o seu debut co primeiro equipo, nun partido da Liga de Campións da UEFA 2020-21 fronte ao FK Dynamo Kyiv que terminou con vitoria blaugrana por 0-4.[6][7]

[8] O 15 de marzo de 2021, na mesma competición, marcou o seu primeiro gol co primeiro equipo contra o S. D. Huesca que servía para pór o 3-1 no marcador.[9] O 10 de abril marcou fronte ao Real Madrid o único gol do Barcelona, finalizando o partido en derrota por 2-1.[10] Na final da Copa do Rei disputou como titular a partida fronte ao Athletic Club, conseguindo a vitoria por 0-4 e logrando o seu primeiro título como profesional.[11][12] O 30 de abril o club fixo efectiva a opción que tiña de ampliar o seu contrato e renovou até xuño de 2023 cunha cláusula de rescisión de 100 millóns de euros.[13]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

O 15 de marzo de 2021 foi convocado por primeira vez coa selección española sub-21 para disputar os encontros da fase de grupos da Eurocopa da categoría.[14] Debutou no partido da segunda xornada ante Italia e terminou expulsado.[15] Nos cuartos de finais xogou como titular fronte a Croacia, avanzando a semifinais tras gañar España por 2 a 1.[16] Nesa rolda España perdeu contra Portugal por 1-0 quedándose sen poder disputar a final.[17]

O 8 de xuño do mesmo ano debutou coa selección absoluta nun amigable contra Lituania, no que a selección española venceu por 4-0.[18]

Foi convocado por Luis de la Fuente coa selección olímpica para disputar os xogos Olímpicos de Tokio 2020 que se celebraron durante os meses de xullo e agosto de 2021.[19] España disputou a final contra Brasil, perdendo por 2-1 na prórroga e conseguiendo a medalla de prata.[20]

  1. "La carrera de Óscar Mingueza en el Barça, del Benjamín B al primer equipo". 25 de novembro de 2020. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  2. "El Barça gana la Youth League y reivindica La Masia". La Vanguardia. 23 de abril de 2018. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  3. "Las joyas del barça que viene: ¡ blindados los campeones de la Youth League !". todoblaugrana.com. 12 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020.  Arquivado 11 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
  4. "Así será la gira del FC Barcelona por los EEUU: partidos contra Tottenham, Roma y Milan". 24 de xullo de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  5. "CD Alcoyano - FC Barcelona B". Transfermarkt. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  6. "Óscar Mingueza, otro 'descubrimiento' de Koeman". Marca. 25 de novembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  7. "Mingueza: "Espero que sea el principio de algo muy grande"". Marca. 24 de novembro de 2020. Consultado o 28 de novembro de 2020. 
  8. "Con el espíritu de Maradona". Marca. 29 de novembro de 2020. Consultado o 29 de novembro de 2020. 
  9. "Mingueza se estrena como goleador". Mundo Deportivo. 15 de marzo de 2021. Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  10. "Mingueza marca en el Clásico". Mundo Deportivo. 10 de abril de 2021. Consultado o 17 de abril de 2021. 
  11. "El ciclón Barça, campeón de Copa con una goleada espectacular". Mundo Deportivo. 17 de abril de 2021. Consultado o 17 de abril de 2021. 
  12. "El Barça gana su 31ª Copa del Rey". F. C. Barcelona. 17 de abril de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  13. "Òscar Mingueza, azulgrana hasta 2023". F. C. Barcelona. 30 de abril de 2021. Consultado o 30 de abril de 2021. 
  14. "Mingueza, convocado con la Sub-21: Esta es la lista". Mundo Deportivo. 15 de marzo de 2021. Consultado o 16 de marzo de 2021. 
  15. "Mingueza, expulsado en su debut con España". Sport. 27 de marzo de 2021. Consultado o 27 de marzo de 2021. 
  16. "Puado mete a España en las semifinales del Europeo sub-21". El Periódico de Catalunya. 31 de maio de 2021. Consultado o 31 de maio de 2021. 
  17. "España pierde ante Portugal en semifinales del Europeo Sub-21". 3 de xuño de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  18. "4-0: Victoria absoluta de España ante Lituania". Mundo Deportivo. 8 de xuño de 2021. Consultado o 8 de xuño de 2021. 
  19. "Lista de España para los Juegos Olímpicos 2020 de Tokio: Los 22 convocados de Luis de la Fuente". 29 de xuño de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  20. "Juegos Olímpicos: Brasil se quedó con el oro al vencer 2-1 a España". Consultado o 7 de agosto de 2021.