Álex Ubago
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1981 (43 anos) Vitoria, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Donostia |
Ocupación | cantautor |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | Música pop |
Selo discográfico | Warner Music Latina (pt) |
Páxina web | alexubago.com |
Alejandro Martínez de Ubago Rodríguez, máis coñecido como Álex Ubago, nado en Vitoria o 29 de xaneiro de 1981, é un cantautor vasco de música pop.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con catro anos de idade os seus pais trasladáronse a Donostia, onde residen na actualidade. Xogador de billar, empezou a xogar os 14 anos e os 16 xa estaba competindo profesionalmente. Xusto uns anos antes, sen se o propoñer, comezou a escribir cancións, segundo el di como diversión, xunto a súa amiga Johanna Kreutz Rodriguez, artista de Zaragoza. Cando acabou as primeiras cinco cancións, chamou a un primo seu músico e gravounas nun estudio que ten na súa casa.
Esa primeira maqueta regaloulla a súa noiva por aquel entón no seu aniversario e tamén chegou as mans do seu actual representante, Íñigo Argomaniz. Iñigo propúxolle que comezara a escribir máis cancións e para outubro de 2000 xa estaba firmando o seu contrato con Dro, a súa discográfica, e para principios do 2001 xa estaba no estudio xunto o seu produtor, Jesús N. Gómez.
Inicio da súa carreira
[editar | editar a fonte]O 23 de setembro dese mesmo ano saía á venda o seu primeiro disco, "¿Qué pides tu?", do cal se fixo unha primeira tirada de 70.000 unidades, aínda que acabaría vendendo máis de millón e medio de unidades en todo o mundo. A partir de aí chegaron as xiras por España e por América Latina. Un ano despois, o 20 de setembro de 2002 recibiu en Madrid o galardón correspondente o quinto disco de platino (500.000 copias) e uns meses despois (xullo do 2003) recibiu en Donostia o noveno Disco de Platino (900.000 copias). Todo isto sumado os discos de platino que obtivo en países como México, Arxentina, Chile e Colombia, entre outros.
A canción "Sin miedo a nada" deste primeiro disco, que canta xunto á cantautora Amaia Montero, foi escollida polos internautas de Los 40.com como a mellor canción de amor da historia. Despois disto comezou a gravar o que sería o seu segundo disco, "Fantasía o Realidad", o que vería a luz o 24 de novembro dese mesmo ano. Gravado a cabalo entre Londres e Madrid ten como acompañante á Orquestra Sinfónica de Londres e antes de final de ano, xa obtivera o dobre disco de Platino en España.
O 22 de abril do seguinte ano, a súa compañía discográfica entregaríalle o dobre Disco de Diamante, pola venda de máis de dous millóns de copias dos seus discos. Grazas ao seu tirón no mercado hispano dos Estados Unidos, só cinco meses despois da saída de "Fantasía o Realidad" alcanzaría o Disco de Oro (100.000 copias). Ese mesmo ano, actuaría en directo na gala de entrega dos premios MTV Latinos en Miami.
Grazas a este disco, obtería en 2005 diferentes premios a destacar o premio ASCAP (American Soc. of Composers, Authors and Publishers) e o premio Billboard Latino 2005 por "Aunque no te pueda ver" como mellor tema pop latino do ano e a canción máis emitida, respectivamente. Outros premios que conseguiu son o Premio Ondas ó mellor artista nacional do 2002, tres Premios Amigo ó mellor artista masculino, mellor artista revelación e mellor álbum do 2002, así como outros premios fóra das súas fronteiras como a Antorcha de Plata no Festival de Viña del Mar de 2004.
Discografía
[editar | editar a fonte]¿Qué pides tú? (2001)
[editar | editar a fonte]# | Título |
---|---|
1. | ¿Qué pides tú? |
2. | A gritos de esperanza |
3. | ¿Sabes? |
4. | No te rindas |
5. | Hay que ver |
6. | Sin miedo a nada |
7. | Ahora que no estás |
8. | Por esta ciudad |
9. | Vuelves a pensar |
10. | Dime si no es amor |
(P)2001 Wanrer Music España S.A./Wea international,inc
¿Qué pides tú? (edición especial en CD + DVD)
[editar | editar a fonte]# | Título |
---|---|
1. | Que Pides Tu |
2. | A gritos de esperanza |
3. | ¿Sabes? |
4. | No te rindas |
5. | Hay que ver |
6. | Sin miedo a nada |
7. | Ahora que no estás |
8. | Por esta ciudad |
9. | Vuelves a pensar |
10. | Dime si no es amor |
21 meses, 1 semana y 2 días (2003)
[editar | editar a fonte]CD 1:
# | Título |
---|---|
1. | ¿Qué pides tú? |
2. | A gritos de esperanza |
3. | ¿Sabes? |
4. | No te rindas |
5. | Hay que ver |
6. | Sin miedo a nada |
7. | Ahora que no estás |
8. | Por esta ciudad |
9. | Vuelves a pensar |
10. | Dime si no es amor |
CD 2:
# | Título |
---|---|
1. | Sin miedo a nada (Versión sin dueto) |
2. | ¿Qué pides tú? (Maqueta 2000) |
3. | Por esta ciudad (Versión 2003) |
4. | Temblando (Tema homeaxe a Hombres G) |
5. | Sigo aquí (Tema principal da B.S.O. Treasure Planet) |
(P)2003 Warner Music España S.A./Wea international,inc.
Fantasía o realidad (2003)
[editar | editar a fonte]# | Título |
---|---|
1. | Aunque no te pueda ver |
2. | Fantasía o realidad |
3. | Dame tu aire |
4. | Prefiero |
5. | Cuanto antes |
6. | Otro día más |
7. | Allí estaré |
8. | Despertar |
9. | Lo más grande |
10. | Por tantas cosas |
11. | Salida |
12. | No soy yo |
(P)2003 Warner Music España S.A./Wea international,inc.
Álex Ubago en directo (2004) (CD + DVD)
[editar | editar a fonte]Concerto gravado en Algorta (Biscaia) o 23 de xuño de 2004
Músicos: Alex Ubago - Voz e Guitarra Acústica, Karlos Arancegui - Batería
# | Título |
---|---|
1. | Allí estaré |
2. | ¿Qué pides tú? |
3. | Por tantas cosas |
4. | Ahora que no estás |
5. | Dame tu aire |
6. | Otro día más |
7. | No te rindas |
8. | Salida |
9. | ¿Sabes? |
10. | A gritos de esperanza |
11. | Por esta ciudad |
12. | Aunque no te pueda ver |
13. | Despertar |
14. | Sin miedo a nada |
15. | Cuanto Antes |
16. | Prefiero |
(P)2004 Warner Music España S.A./Wea international,inc.
Aviones de cristal (2006)
[editar | editar a fonte]# | Título |
---|---|
1. | Sigo buscando |
2. | Viajar contigo |
3. | Cada día |
4. | La estación |
5. | María |
6. | Aviones de cristal |
7. | Si tú me llevas |
8. | El único habitante |
9. | No dices nada |
10. | Reinas de la fiesta |
11. | Instantes |
12. | Como en los sueños |
(P)2006 Warner Music España S.A./Wea international,inc.
Siempre en mi mente (Sus grandes éxitos) (2007)
[editar | editar a fonte]# | Título |
---|---|
1. | ¿Que Pides Tú? |
2. | A Gritos De Esperanza |
3. | Sin Miedo A Nada (Feat. Amaia Montero) |
4. | Hay Que Ver |
5. | Aunque No Te Pueda Ver |
6. | Dame Tu Aire |
7. | Cuanto Antes |
8. | Fantasía O Realidad |
9. | Viajar Contigo |
10. | Sigo Buscando |
11. | Siempre En Mi Mente |
12. | Temblando *(Tema de Hombres G) |
13. | La Estatua Del Jardín Botánico *(Tema de Radio Futura) |
14. | Esos Ojos Negros *(Tema de Duncan Dhu) |
15. | Sigo Aquí [Treasure Planet] |
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- "La estatua del Jardín Botánico" (Tributo a Radio Futura, Arde la calle)
- "Esos ojos negros" (Tributo a Duncan Dhu, Cien gaviotas donde irán)
- "Cien gaviotas" (Xunto a Carlos Goñi, David Summers, Amaia Montero, Andrés Calamaro, Quique González, Cristina Lliso e Dani de Despistaos)
- "Temblando" (Tributo a Hombres G, Qué te pasa estás borracho e Voy a pasármelo bien)
- "Sigo aquí" (B.S.O. Treasure Planet)
- "Es por ti" (Ana Pozas, Sin querer]
- "Poema XX" (Tributo a Pablo Neruda, Marinero en tierra)
- "Altísimo" (Héctor Buitrago, Conector)
- "La frase tonta de la semana" (La Quinta Estación, En directo madrid)
- "Aunque no estes" (Mariana Ochoa, Luna llena)
- "En mi corazón vivirás" (David Demaria, Gala Disney)
- "Walking Away" (Craig David Greatest Hits)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Álex Ubago |