Verderolo da serra
Verderolo da serra | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Carduelis citrinella' (Pallas, 1764) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Carduelis citrinella |
O verderolo da serra[2] (antes Serinus citrinella e agora Carduelis citrinella) é unha especie de ave paseriforme da familia dos frinxílidos (Fringillidae), que se distribúe polas montañas da Europa central e meridional.[3][4][5][6] Está presente en Galicia, mais lixeiramente ameazada pola destrución do seu hábitat e a súa recolección e a súa poboación mundial cífrase entre 475.000 e 600.000 exemplares.[7]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Inicialmente atribuído ao xénero Serinus porén posteriormente propúxose o seu traslado, sobre a base de estudos de filoxenia molecular, a Carduelis. Aínda os diferentes autores non están de acordo sobre en que xénero debe situarse.[8][9] Serinus corsicanus ou Carduelis corsicana, que se distribúe por Córsega e Sardeña era antes considerada parte desta especie.
Descrición
[editar | editar a fonte]O macho no verán, de cor verde amarelado no peito, posúe un dorso verde de tonalidade máis apagada. O seu tamaño, pequeno, é de aproximadamente 12 cm de lonxitude, 19 de envergadura e pesa ao redor de 14 g.[10]
Trátase dunha ave gregaria, que aparece frecuentemente no chan ou en árbores, alimentándose de sementes. O seu voo, lixeiro e rápido, posúe ondulacións vigorosas. Aniña de maio a xullo pondo 4 ovos nunha ou dúas niñadas. O niño está tapizado de herba e peluxe vexetal. A súa distribución é europea (norte de España, sur de Francia e Alpes). Amosa preferencia polos bosques de montaña, especialmente de faias, piñeiros e abetos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Carduelis citrinella". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ "Carduelis citrinella (Pallas, 1764)". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-03-01.
- ↑ Arnaiz-Villena, A.; Álvarez-Tejado, M.; Ruiz-del-Valle, V.; García-de-la-Torre, C.; Varela, P.; Recio, M. J.; Ferre.
- ↑ "El Origen de los Canarios" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de maio de 2023. Consultado o 03 de xullo de 2017.
- ↑ "Phylogeny and rapid Northern and Southern Hemisphere speciation of goldfinches during the Miocene and Pliocene Epochs." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 03 de xullo de 2017.
- ↑ Ficha no Atlas de las aves reproductoras de España, Ministerio de Medio Ambiente de España
- ↑ Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.".
- ↑ Cornell Lab of Ornithology. "Clement's Checklist 6.3". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2009. Consultado o 03 de xullo de 2017.
- ↑ Hume, Rob. Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega. ISBN 84-282-1317-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verderolo da serra |