Pospretérito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O pospretérito, tamén chamado condicional, é un dos tempos verbais da lingua galega. Caracterízase por, ademais de posuír vogal temática, por ter un sufixo modo-temporal "ría".

Valores do pospretérito de indicativo[editar | editar a fonte]

  • Expresa posterioridade con respecto ó pasado, é un tempo referente; en canto ó modo é real. Atópase en relación co futuro de indicativo: Cría que non volvería xamais á praia
  • Ten dous valores, un subxectivo (Biqueino pensando en se o volvería ver) e outro obxectivo (Biqueino daquela. Tamén o bicaría anos despois).
  • No diálogo empieza para negar ironicamente o dito previamente: - Disque lle tocou a lotería / - Si, ho, tocaríalle
  • Probabilidade ou aproximación no pasado: Tiña tenza de si, e iso que andaría nos cen quilos
  • Referido ó presente con valor modal de cortesía: Importaríavos axudarme?.
andaría varrería partiría
andarías varrerías partirías
andaría varrería partiría
andariamos varreriamos partiriamos
andarian varrerian partirian
andarían varrerían partirían