Peneireiro cincento
Peneireiro cincento | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
E. c. vociferus (India) | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Elanus caeruleus' Desfontaines, 1789 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Elanus melanopterus |
O peneireiro cincento[2][3] ou peneireiro cinsento[4] (Elanus caeruleus) é unha ave Falconiforme de pequeno tamaño de familia Accipitridae.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha ave de rapina pequena, duns 30 a 35 cm de lonxitude e cunha envergadura de ás de entre 80 e 90 cm. O corpo é na maior parte branco. A cabeza, relativamente grande, é branca cunha máscara negra. A parte superior do corpo ten cor gris azulada, con manchas negras nos ombreiros. As ás son estreitas coas puntas negras. A cola é moi curta. Ten os ollos vermellos brillantes e as patas de cor amarela alaranxada.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Áchase preferentemente na África subsahariana e na Asia tropical. No norte de África vive en Marrocos, Alxeria e Exipto. En Europa aparece só nunha pequena zona do sur da Península Ibérica. Son aves, en xeral, sedentarias, aínda que poden facer desprazamentos ocasionais.
En boa parte do sur de Asia encóntrase a subespecie E. c. vociferus. Nas illas surasiáticas hai diversas subespecies máis.
Viven en espazos abertos como estepas, sabanas e zonas semidesérticas ou mesmo campos cultivados, nos que haxa árbores illadas para espreitar e face-los niños.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Comen pequenos mamíferos, principalmente roedores, paxaros pequenos ou crías de ave de pequeno tamaño e réptiles, sobre todo lagartas e insectos. Localiza as presa voando lentamente ou espreitando dende unha árbore ou outro punto elevado.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A femia constrúe, con material achegado polo macho, un niño nunha árbore. Poñen tres ou catro ovos, pero en casos illados a cantidade varía entre dous e seis.
Nome común noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Gleitaar
- Danés: Blå Glente
- Inglés: Black-winged Kite
- Español: Elanio azul
- Finlandés: Liitohaukka
- Francés: Élanion blanc
- Italiano: Nibbio bianco
- Neerlandés: Grijze wouw
- Noruegués: Svartvingeglente
- Portugués: Peneireiro-cinzento
- Sueco: Svartvingad glada
- Turco: Ak çaylak
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2013). "Elanus caeruleus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Definición de peneireiro no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peneireiro cincento |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Benny Génsbol, Walther Thiede; Greifvögel - Alle europäischen Arten, Bestimmungsmerkmale, Flugbilder, Biologie, Verbreitung, Gefährdung, Bestandsentwicklung, BLV Verlag München, 1997, ISBN 3-405-14386-1 (en alemán): "Manual sobre as aves de presa europeas".
- Theodor Mebs; Greifvögel Europas - Biologie - Bestandsverhältnisse - Bestandsgefährdung Franckh-Kosmos Verlag Stuttgart 2002, ISBN 3-440-06838-2 (en alemán): "Estudo sobre as aves de presa europeas".