Palafita
As palafitas[1] son vivendas apoiadas en piares ou simples estacas, xeralmente construídas sobre corpos de augas tranquilas como lagos, lagoas, e como é o caso nalgunhas zonas de Chile á beira do mar.
A palabra deriva do italiano palafitta. No 2002 un importante descubrimento na desembocadura do río Sarno revelou que na zona portuaria de Pompeia había palafitas asentadas sobre un sistema de canles, que tamén suxeren unha certa similitude con Venecia.
No caso galego os poboados lacustres máis coñecidos son os da lagoa de Antela que foron estudados polo investigador Conde-Valvís nos anos 50, pouco antes do desecamento da lagoa. Conde-Valvís fálanos dos achados de tres poboados palafíticos de 58, 56, e 36 habitacións respectivamente cada un, coñecidas popularmente como "cortellos", que nos demostran a gran concentración de habitantes nesta zona. Estes poboados estarían situados no espazo que abrangue dende Sandiás ata Cortegada (dous deles fronte a Zadagós e Cardeita).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Palafitas en Cempa, nas Illas Lingga (Indonesia).
-
Unha palafita na Provincia Attapu, ao sur de Laos.
-
Palafitas en Puget Sound en Fragaria Washington, Estados Unidos de América.
-
Unha palafita rural en Camboxa.
-
Unha palafita no sur de Tailandia.
-
Unha casa africana reconstruída en Alemaña.
-
Unha ponte entre palafitas en Colombia na Ciénaga Grande de Santa Marta.
-
Palafitas tradicionais en Messolongi, oeste de Grecia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para palafita.