Sandiás, Sandiás
| Sandiás | |
|---|---|
Vista do Castro. | |
| Concello | Sandiás[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°06′48″N 7°45′17″O / 42.113333333333, -7.7546666666667 |
| Área | 19,4 km² |
| Poboación | 365 hab. (2025) |
| Densidade | 18,81 hab./km² |
| Entidades de poboación | 6[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santo Estevo de Sandiás é unha parroquia do concello ourensán de Sandiás, situado na comarca da Limia. Segundo o INE[2], en 2025 tiña 365 habitantes (167 homes e 198 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 488 habitantes.
Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), dotacionais (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e asistenciais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.
Patrimonio histórico-artístico
[editar | editar a fonte]Igrexa de Santo Estevo de Sandiás
[editar | editar a fonte]
Nesta parroquia atópase a igrexa parroquial de Santo Estevo. Foi construída polo mestre de cantería Bartolomeu de Nosendo antes de 1520. Consta dunha soa nave e presbiterio cuadrangular. Destaca pola súa portada de estilo manuelino, que recorda as igrexas portuguesas de Maravilha, en Santarém, ou a parroquial de Batalha.
O retablo maior de Santo Estevo de Sandiás foi realizado entre o ano 1603 e o 1607 polo entallador Xoán Fernández "O Mozo" e o escultor Francisco de Moure. Consta de dous corpos, tres rúas e un ático. Destacan no primeiro corpo san Pedro e san Paulo e no segundo san Francisco, santo Estevo e san Lourenzo. De grande interese son as pinturas manieristas da parte baixa, nas que destacan as escenas da Anunciación e a Visitación.

A ermida de San Bieito da Uceira está no monte do mesmo nome, non lonxe da aldea. Foi construída a mediados do século XVIII (exvoto do ano 1766), posteriormente foi reconstruída e ampliada. Dende o adro hai unha vista panorámica da Limia Alta. Tódolos luns de Pascua e o segundo domingo de xullo realízase a romaría na capela de San Bieito da Uceira, de gran tradición en toda a Limia.
Co gallo dos cincuenta anos do comezo das obras de desaugamento da lagoa de Antela (1958-2008), o Concello de Sandiás puxo en funcionamento no centro da vila a Casa da Lagoa (Centro de Interpretación da Lagoa de Antela). Neste centro preténdese dar a coñecer dunha forma didáctica a historia da lagoa a través dun percorrido que abrangue dende a formación da antiga lagoa de Antela, o seu desecamento, ata a actualidade coa recuperación medioambiental das antigas areeiras.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Sandiás
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Sandiás no concello de Sandiás (Ourense) | |
|---|---|
|
Cardeita | O Castro | Coalloso | As Pegas | Sandiás | Santa Ana |
Parroquias de Sandiás
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Sandiás | |
|---|---|
|
Couso de Limia (Santa María) | Piñeira de Arcos (San Xoán) | Sandiás (Santo Estevo) |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Nomenclátor. Población por unidad poblacional". INE (en castelán). Consultado o 2026-02-12.