Monstro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monstro mariño atacando un mariñeiro en Vinte mil leguas baixo dos mares.

Un monstro [1] (do latín: monstrum) é calquera criatura, xeralmente persoa ou animal fantásticos, que provoca medo ou dano físico pola súa aparencia ou accións. Adoita aparecer nas lendas e novelas de terror.

A palabra ten unha connotación de maldade, xa que os monstros son moralmente censurábeis. Tamén se aplica en sentido figurado a unha persoa malvada ou que cometes crimes.

Por outra banda, recentemente algúns medios presentaron monstros como personaxes simpáticos e ata heroicos, como por exemplo as películas de animación Monsters, Inc. e Shrek, e as franquías Pokémon e Digimon.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para monstro.