Meandro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meandros do río Cuckmere, en Inglaterra.

Un meandro é unha curva sinuosa descrita polo curso dun río. Fórmanse con maior facilidade nos ríos das chairas aluviais con pendente moi escasa, dado que os sedimentos adoitan depositarse na parte convexa do meandro, mentres que na cóncava, debido á forza centrífuga, predomina a erosión e o retroceso da beira.

Cando debido á erosión, dúas canles curvas atópanse, o río curta camiño a través da zona onde se opón as correntes e fórmase un lago de ferradura ou meandro abandonado, xa que os sedimentos pechan a entrada e saída do antigo meandro, quedando fóra da canle do río.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome provén do do río Meandro en Anatolia famoso pola súa sinuosidade. É o actual Büyük Menderes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]