Fungo funil
Fungo funil | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Infundibulicybe geotropa' (Bull.) Harmaja | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O fungo funil[2] (Clitocybe geotropa) é un fungo basidiomiceto da familia Tricholomataceae.[1] É unha especie moi común en certas zonas; onde se aproveita para fins comestibles. Crece até moi avanzada a estación, novembro e decembro. Atópase nos prados dos bosques, no medio das matogueiras, onde a vexetación fai difícil o acceso. Preséntase en forma gregaria, dispostas en filas ou en cercos máis ou menos regulares (ás veces, aneis de fadas). Non está moi difundida. A variedade presentada é típica dos bosques de abetos brancos.[3]
Características comestibles
[editar | editar a fonte]É comestible e de bo sabor, mais é preciso utilizar só exemplares novos. Non se presta para ser secada, xa que adquire unha consistencia dura, tenaz, que a fai practicamente inutilizable en calquera preparación culinaria. Os cogomelos son moi baixos en calorías (unhas 30 kcal/100 g), posto que o seu contido está formado entre un 80% e 90% de auga. Tamén son moi baixos en proteínas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Infundibulicybe geotropa". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited.
- ↑ "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 119. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2018.
- ↑ "Clitocybe geotropa var. subinvoluta". rednaturaleza.com. Consultado o 2024-01-31.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fungo funil |