Carro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carro de cabalos.

Un carro (Gl-carro.ogg pronunciación ) é un vehículo deseñado para o transporte, que ten dous ou catro rodas e é tirado por un ou máis animais de tiro.

Tipos de carros[editar | editar a fonte]

Carro de cabalo de catro rodas transportando pasto en Romanía.

Normalmente, os carros son tirados por cabalos, mulas ou bois, aínda que tamén se empregan outros animais de tiro. Os carros de transporte reciben diversas denominacións en función das súas características. Nos de persoas, os termos utilizados para os vehículos de tracción animal son coche de cabalos ou dilixencia. A carreta é un tipo de carro longo, estreito e máis baixo que o común, cunha lanza, onde se suxeita o xugo. A distancia entre dúas ou máis eixos dunha carruaxe calquera se denomina batalla.

Historia[editar | editar a fonte]

Carruaxe na Cidade de Manhattan, Nova York, Estados Unidos.

O carro chegou a Europa e Asia occidental no cuarto milenio antes de Cristo, e ó Val do Indo cara ó terceiro milenio antes de Cristo.[1]

Os carros foron mencionados na literatura xa no segundo milenio antes de Cristo. O libro sacro Rigveda India afirma que os homes e as mulleres son tan iguais como dúas rodas dunha carreta. Pequenas carretas de man foron utilizadas en moitas ocasións ó longo da historia. No século XIX, por exemplo, durante a migración mormona cara ó actual territorio de Utah nos Estados Unidos, entre 1856 e 1860, utilizáronse estas carretas. Os chamados rickshaw aínda poden verse na actualidade en cidades do sueste asiático como transporte para distancias curtas.

Xulio César no seu carro de triunfo, Andrea Mantegna, 1484-1492.

Na Antiga Roma os líderes derrotados eran a miúdo transportados en carretas durante a exhibición triunfal do xeneral vitorioso. Os carros para as carreiras tiñan forma de cuncha posta sobre dúas rodas, máis alta por diante que por detrás, cunha lanza moi curta, os cales eran tirados por catro cabalos de fronte. Os carros de triunfo tiñan unha forma redondeada; o vencedor ía nel en pé e dirixía en por si os cabalos.

Os carros servían tamén para outras cerimonias: como levar neles as imaxes dos deuses no día de preces públicas; púñanse tamén nos mesmos as estatuas daqueles cuxa apoteoses facíase, e ían neles as familias ilustres que asistían á festa. Os cónsules, ó encargarse do mando, eran así mesmo conducidos neles. Con todo, a historia refire que Camilo entrou triunfante en Roma deste xeito, pompa que se fixo despois ordinaria, pero que esta vez non caeu ben ós republicanos. Durante o goberno consular, os carros foron dourados; baixo os emperadores foron de marfil e até de ouro. Asperxíaselles con sangue para darlles un aire máis marcial. Os carros cubertos distinguíanse dos outros por unha cúpula cimbrada. Servían para uso dos pontífices romanos e posiblemente para as mulleres.[2]

En Inglaterra, até a súa substitución polos azoutes, en virtude do mandato da Raíña Isabel I, utilizábanse as carretas para transportar ó condenado á picota.

Cupé antigo, exposto nunha facenda de México.

Antigos carros de guerra[editar | editar a fonte]

Imaxe de Ramsés II en Abu Simbel.

Os carros de guerra máis coñecidos foron os do Antigo Exipto, dun só eixo montados por un auriga e un porteiro. Apareceron no Imperio Novo por influencia dos hicsos.

Tamén destacou o carro de guerra na India e en Persia. Neste lugar foi onde probablemente comezouse a colocar, como prolongación dos eixos, follas afiadas ou cortantes.

Houbo carros similares aós anteriores na Antiga Grecia e na Antiga Roma, pero a súa utilidade bélica decaeu, ó afianzarse o modelo militar baseado en formacións de infantaría. Na Antiga Roma foron utilizados en carreiras no circo romano; a súa denominación variaba segundo o número de cabalos: bigas, trigas e cuadrigas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Val do Indo" (en español). Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 30 de setembro de 2014. 
  2. Diccionario universal de mitología.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]