Zhou Wei Hui
Zhou Wei Hui | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de xaneiro de 1973 |
Lugar de nacemento | Ningbo |
Nacionalidade | República Popular da China |
Alma máter | Universidade Fudan |
Ocupación | novelista, guionista e escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Zhou Wei Hui (周卫慧, pinyin: Zhōu Wèi Hùi, nada en Ningbo en 1973, é unha escritora chinesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De nena viaxou moito porque o seu pai era militar de alta graduación. Acabou filoloxía na Universidade de Fudan e realizou diversas publicacións antes de consagrarse coa súa novela Shanghai Baby que vendeu máis de 80.000 exemplares antes de que as autoridades chinesas a prohibisen. Cos exemplares piratas logrou ser a escritora máis lida na China. A súa continuación, Marrying Buddha (2005) foi censurada e publicada con outro título. Wei Hui e Mian Mian forman a Nova Xeración.
Obra[editar | editar a fonte]
- 2000 (上海宝贝) (Shanghai Baby) ISBN 3-550-08343-2
- 2005 (我的禅) (Marrying Buddha) ISBN 3-550-08620-2