Magma (grupo musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Zeuhl»)
Magma
Magma en 2017
OrixeParís, Francia
Período1969 - 1984
1996 - presente
Xénero(s)zeuhl, rock progresivo, avant-rock, art rock
Selo(s) discográfico(s)A&M, Musea Records, Philips, RCA, Seventh, Tomato, Utopia, Vertigo
MembrosChristian Vander
Stella Vander
Isabelle Feuillebois
Rudy Blas
Hervé Aknin
Francis Linon
Simon Goubert
Thierry Eliez
Jimmy Top
Caroline Indjein
Sylvie Fisichella
Laura Guarrato
Na rede
http://www.magmamusic.org/
Facebook: MAGMA-123777837633298 MySpace: magmaofficial Youtube: UCL20x0hIbKO9y9sDIVG3p1A Spotify: 5JeJHWfm2ZxNd09hrIf7Zb Last fm: Magma Musicbrainz: 7f89e84d-4c35-4d53-a965-4f3ce1c4ef4f Songkick: 453790 Discogs: 179749 Allmusic: mn0000191376 Deezer: 11111 Genius: Magma-band Editar o valor em Wikidata

Magma é unha banda francesa de rock progresivo fundada en París en 1969 polo batería con formación clásica Christian Vander, quen reivindicou como inspiración unha "visión do futuro espiritual e ecolóxico da humanidade" que o inquietou profundamente. No seu primeiro álbum, Magma, a banda conta a historia dun grupo de xente que foxe dunha condenada Terra para establecerse no planeta Kobaïa. Posteriormente xorde o conflito cando os Kobaïanos, descendentes dos colonos orixinais, atópanse con outros refuxiados da Terra. O estilo de rock progresivo que Vander desenvolveu con Magma chámase "zeuhl", e foi usado por outras bandas en Francia activas durante o mesmo período, e por algunhas bandas xaponesas recentes.[1]

Vander creou unha linguaxe ficticia, o Kobaïan, na cal se canta a mairía dos temas.[2] Nunha entrevista en 1977 con Vander e co vocalista da banda Klaus Blasquiz, Blasquiz dixo que o Kobaïan é un "idioma fonético feito con elementos de linguas eslavas e xermánicas para ser capaz de expresar musicalmente algunhas cousas. A linguaxe ten por suposto un contido, pero non palabra a palabra".[3] Álbums posteriores contan historias diferentes ambientadas en épocas máis antigas; porén, o Kobaïan mantense como unha parte integral da música.

En 1986 fundouse o selo francés Seventh Records para publicar material de Magma e de Vander. Ao longo dos anos, Seventh tamén editou álbums de artistas relacionados como Stella Vander, Patrick Gauthier, e Collectif Mu.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Magma 1970 Philips Records
1001° Centigrades 1971 Philips Records
Mëkanïk Dëstruktïẁ Kömmandöh 1973 A&M Records, Vertigo Records
Ẁurdah Ïtah 1974 Egg Records
Köhntarkösz 1974 A&M Records, Vertigo Records, Seventh Day
Üdü Ẁüdü 1976 A&M Records, Utopia, Seventh Day
Attahk 1978 Eurodisc, Tomato Records
Merci 1985 Jaro Records
Mekanïk Kommandöh 1989 Seventh Day
K.A (Köhntarkösz Anteria) 2004 Seventh Day
Ëmëhntëhtt-Ré 2009 Seventh Day
Félicité Thösz 2012 Seventh Day
Rïah Sahïltaahk 2014 Seventh Day
Šlaǧ Tanƶ 2015 Seventh Day
Zëss 2019 Seventh Day

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Zeuhl, a progressive rock music sub-genre". Progarchives.com (en inglés). Consultado o 2022-12-01. 
  2. "The Wire: Adventures in Modern Music: Article". web.archive.org. 2011-06-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 2022-12-01. 
  3. "Da Zeuhl Wortz Mekanïk is kobaian for Magma". www.danbbs.dk. Consultado o 2022-12-01. 
  4. "SEVENTH RECORDS". www.seventhrecords.com. Consultado o 2022-12-01.