Zenit (cámara)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeiro modelo da Zenit, producido en 1952 en Moscova, cun obxectivo Industar.

Zenit (en ruso: Зени́т) é unha marca rusa (orixinalmente soviética) de cámaras e obxectivos fotográficos. Os corpos destas cámaras foron producidos polas fábicas KMZ dende 1952 ata 2005 en Moscova e por BelOMO dende a década de 1970 en Belarús, os obxectivos normais Helios-44 que maioritariamente as acompañan foron producidos tamén en Moscova, Valdái e Vileyka. A marca Zenit identifícase principalmente coas cámaras SLR de 35 mm, aínda que outros tipos de cámaras non réflex utilizaron este nome.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

A primeira cámara Zenit estaba baseada na cámara telemétrica Zorki (a cal era unha copia da Leica II). Ao transformar a Zorki nunha cámara réflex de único obxectivo eliminouse o telémetro e transfoumouse nunha pantalla de vidro mate e un prisma; engadiuse un espello móbil cun sistema de aparellos, polo cal a montura de rosca de 39 mm tivo que ser desprazado para adiante.

Durante os primeiros anos de produción (ata a Zenit-E, de 1967), o desenvolvemento das cámaras Zenit era semellante ás das Zorki.

Zenit-E e os seus sucesores[editar | editar a fonte]

Zenit-E cun obxectivo Industar e fotómetro de selenio. Á dereita pode observarse o emblema dos Xogos Olímpicos de Moscova de 1980.

Dende 1967 ata 1969 KMZ desenvolveu un sistema metalúrxico que permitía a fabricación masiva de cámaras. A produción de cámaras evolucionou ao sistema de montura M42. Ademais, un espello de retorno automático foi incorporado. Isto levou a creación dun dos seus modelos máis coñecidos, a Zenit-E, da cal se produciron preto de 12 millóns de exemplares (incluíndo os subtipos). Os principais eventos do desenvolvemento posterior das Zenit-E foron:

  • A introdución dun diafragma automático no modelo Zenit-EM.
  • O sistema de medición Through the lens (TTL) na Zenit-TTL.
  • Hai dúas variantes da Zenit-12XP, unha máis metálica e sen telémetro de imaxe partida e outra posterior máis plástica e con telémetro de imaxe partida.
  • A evolución á montura Pentax K na Zenit-122K.
  • A introdución do código DX (reemplazando o control manual de velocidade ISO) na Zenit-412DX.

Modelos[editar | editar a fonte]

Primeiros modelos[editar | editar a fonte]

Con carga inferior da película[editar | editar a fonte]

  • Zenit (sen número orixinalmente, pero coñecida agora como Zenit 1)
  • Zenit-S
  • Zenit-3

Con carga posterior da película[editar | editar a fonte]

  • Kristall
  • Zenit-3M

Cámaras semi-automáticas[editar | editar a fonte]

  • Zenit-4
  • Zenit-5
  • Zenit-6

Cámaras da serie Zenit-E[editar | editar a fonte]

Zenit-EM de 1978, cun obxectivo Helios-44M.

Modelos con fotómetro de selenio[editar | editar a fonte]

  • Zenit-E
  • Zenit-EM
  • Zenit-ET
  • Zenit-10
  • Zenit-11

Modelos sen fotómetro de selenio[editar | editar a fonte]

  • Zenit-V (tamén coñecida como Zenit-B)
  • Zenit-VM (tamén coñecida como Zenit-BM)

Cámaras con medición a través da lente e montura M42[editar | editar a fonte]

  • Zenit-TTL
  • Zenit-12
  • Zenit-12xp, Zenit 12SD
  • Zenit-122
  • Zenit-122V (tamén coñecida como Zenit-122B)
  • Zenit-312m
  • Zenit-412DX
  • Zenit-412LS
Zenit-212K cun obxectivo MC Variozenitar.

Cámaras coa medición a través da lente e montura Pentax K[editar | editar a fonte]

  • Zenit-122K
  • Zenit-212K

Cámaras con montura propia[editar | editar a fonte]

  • Start
  • Zenit-7
  • Zenit-D

Cámaras automáticas con montura M42[editar | editar a fonte]

  • Zenit-16
  • Zenit-19
  • Zenit-18
  • Zenit-MT-1 Surprise (variante de medio formato da Zenit-19)

Cámaras da serie Zenit Ax con montura Pentax K[editar | editar a fonte]

  • Zenit-Avtomat
  • Zenit-AM
  • Zenit-AM2
  • Zenit-APM
  • Zenit-APK
  • Zenit-KM
  • Zenit-KM plus

Modelos fabricados só en Belarús[editar | editar a fonte]

  • Zenit-15M
  • Zenit-12XS
  • Zenit-122 (diferente modelo respecto á Zenit-122 de KMZ)
  • Zenit-21XS
  • Zenit-12PRO
  • Zenit-12XSL
  • Zenit-130

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]