Primeiro modelo da Zenit, producido en 1952 en Moscova, cun obxectivo Industar.
Zenit (en ruso: Зени́т) é unha marca rusa (orixinalmente soviética) de cámaras e obxectivos fotográficos. Os corpos destas cámaras foron producidos polas fábicas KMZ dende 1952 ata 2005 en Moscova e por BelOMO dende a década de 1970 en Belarús, os obxectivos normais Helios-44 que maioritariamente as acompañan foron producidos tamén en Moscova, Valdái e Vileyka. A marca Zenit identifícase principalmente coas cámaras SLR de 35mm, aínda que outros tipos de cámaras non réflex utilizaron este nome.
A primeira cámara Zenit estaba baseada na cámara telemétrica Zorki (a cal era unha copia da Leica II). Ao transformar a Zorki nunha cámara réflex de único obxectivo eliminouse o telémetro e transfoumouse nunha pantalla de vidro mate e un prisma; engadiuse un espello móbil cun sistema de aparellos, polo cal a montura de rosca de 39mm tivo que ser desprazado para adiante.
Durante os primeiros anos de produción (ata a Zenit-E, de 1967), o desenvolvemento das cámaras Zenit era semellante ás das Zorki.
Dende 1967 ata 1969 KMZ desenvolveu un sistema metalúrxico que permitía a fabricación masiva de cámaras. A produción de cámaras evolucionou ao sistema de montura M42. Ademais, un espello de retorno automático foi incorporado. Isto levou a creación dun dos seus modelos máis coñecidos, a Zenit-E, da cal se produciron preto de 12 millóns de exemplares (incluíndo os subtipos).
Os principais eventos do desenvolvemento posterior das Zenit-E foron:
A introdución dun diafragma automático no modelo Zenit-EM.
O sistema de medición Through the lens (TTL) na Zenit-TTL.
Hai dúas variantes da Zenit-12XP, unha máis metálica e sen telémetro de imaxe partida e outra posterior máis plástica e con telémetro de imaxe partida.
A evolución á montura Pentax K na Zenit-122K.
A introdución do código DX (reemplazando o control manual de velocidade ISO) na Zenit-412DX.